Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012

HISTÓRICO: DÍA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego no IES de Brión

Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.2012Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.2013

PONTE E CÚPULA AUTOPORTANTES

Con motivo do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I debuxou e construíu unha ponte autoportante segundo o deseño de Leonardo da Vinci.

A ponte mide 600 cm de longo, 75 cm de ancho e 75 cm no seu punto máis alto. Consta de 14 largueiros de 150 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados lonxitudinalmente, e 9 largueiros de 75 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados transversalmente.

A ponte foi inicialmente montada no patio do centro e trasladada ao distribuidor de entrada para formar parte da exposición que acolle os traballos sobre o Dia da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego.

Tamén construiron xunto ao alumnado de  EPV de 4º ESO unha cúpula autoportante segundo trazados de Leonardo.

Este traballo adquire unha importancia especial no noso centro, debido a que no curso 2010/11 os departamentos de Tecnoloxía, Debuxo e Bioloxía e Xeoloxía desenvolveron un proxecto de deseño e construción dunha cúpula xeodésica para usar como invernadoiro.

   
   
 
     
 

LEONARDO E RAMÓN VEREA

Con motivo da conmeración da Ciencia e Tecnoloxía en galego desde o departamento de Tecnoloxía, propoñemos ao alumnado de 4º buscar información e elaborar unha breve presentación sobre os homenaxeados desta edición, Leonardo da Vinci e Ramón Silvestre Verea. Algúns dos resultados do traballo os podemos ver nas seguintes ligazóns:

LEONARDO DA VINCI NA REDE

LEONARDO INTERACTIVO
 
   

 

   

 

 

A Biblioteca Nacional de España ofrece como novidade unha versión dixital dos Códices Madrid I e II de Leonardo de Vinci, acompañados de diversos materiais interactivos que permiten comprender un pouco mellor a obra deste polifacético home renacentista.

Imaxe do Códice Madrid I

 

 

 

 

 

 

 


       
         
         
TRATADOS DE LEONARDO NOS FONDOS DA BIBLIOTECA DIGITAL HISPÁNICA
 
         
 

1. Tratados varios de fortificación estática y geometría

Leonardo da Vinci (1452-1519) -  Manuscrito -  entre 1401 e 1500?     

 

2. Tratado de estatica y mechanica

Leonardo da Vinci (1452-1519) -  Manuscrito -  entre 1401 e 1500?     

 

3. El tratado de la pintura

Leonardo da Vinci (1452-1519) -  Libro -  1784
  

   

   
 
 
BIBLIOTECA LEONARDIANA
 
 
e-Leo Archivio digitale di storia della tecnica e della scienza  

A Biblioteca Leonardiana no seu Archivio digitale di storia della tecnica e della scienza permite consultar as versións dixitalizadas do Codice Arundel, do Códice Atlantico, do Códice Leicester, dos Códices de Madrid I e II, do Códice sobre o voo dos paxaros, do Códice Trivulziano, dos Códices Foster I, II e III, dos 12 Manuscritos de Francia, do Libro da pintura,de diversas traducións do Tratado da pintura, e de debuxos anatómicos.

   
 
 
 

MUSEO NAZIONALE DELLA SCIENZA E DELLA TECNOLOGIA

LEONARDO DA VINCI

 
 

O Museo Nazionale della Scienza e della Tecnologia Leonardo da Vinci situado na cidade italiana de Milano, ofrece na súa web exposicións virtuais, vídeos, audios, experiencias on-line e outros documentos sobre Leonardo e a súa obra.

Especialmente destacables son as reconstrucións virtuais de moitos dos mecanismos que deseñou.

 

 

 

 
 
UNIVERSAL LEONARDO
 
 

Universal Leonardo é un proxecto coordinado polo historiador Martin Kemp, no que a través de diversas exposicións europeas, investigacións científicas e múltiples recursos en rede, podemos coñecer en profundidade o traballo de Leonardo da Vinci, os seus manuscritos, invencións, debuxos e pinturas.

Un recurso imprescindible, riguroso, crítico e perfectamente documentado e estructurado, que inclúe unha moi completa biografía e un apartado de actividades.

 
 
 
LEONARDO DA VINCI NO GOOGLE ART PROJET
 
 

A través do Google Art Project pódese acceder á versión dixitalizada en alta calidade de diversas pinturas e debuxos de Leonardo da Vinci expostos en diferentes museos arredor do mundo. 

 

 

 

 

Estudo de dúas cabezas de soldado para a batalla de Anghiari

         
         
         
LEONARDO DA VINCI NO VITORIA & ALBERT MUSEUM
         

O Victoria & Albert Museum de Londres expuso obra de Leonardo baixo o título Leonardo da Vinci: Experience, Experiment, Design.

Neste museo están depositados os Códices Foster I, II e III, dende a morte de John Foster en 1876.

Estudo sobre o movemento perpetuo

 
         
 

 

ii

Códices Foster. Volumes I, II e III   Consulta os Códices Foster
     

 

Podemos ver unha animación en base a un dodecaedro a partir de debuxos e estudos de Leonardo sobre os poliedros regulares.

 

 
     
     
     
LEONARDO DA VINCI NA NATIONAL GALLERY
         
         
A finais do ano pasado e principios deste, tivo lugar na National Gallery de Londres a exposición Leonardo da Vinci. Painter at the court of milan. Esta mostra foi unha das maiores e máis representativas da pintura de Leonardo. Na web desta importante pinacoteca pode consultarse unha gran cantidade de información de interese sobre o artista.
 

 

Nesta web podemos consultar unha serie de vídeos sobre diferentes aspectos da obra de Leonardo, a exposición, e o traballo de conservación.

Destacamos polo seu interese dous vídeos especialmente interesantes, un máis xeral sobre a exposición, outro moi específico no que temos a oportunidade de ver ao prestixioso historiador Martin Kemp falando sobre os debuxos de Leonardo.

 
     
     
     
LA GIOCONDA
     
 


 

Esta famosísima obra pintada por Leonardo entre 1503 e 1506 está exposta no Louvre de París. Na páxina web do museo podemos obter máis información sobre este retrato de sorriso misterioso coñecido como La Gioconda ou Mona Lisa, e que en realidade é o retrato de Lisa Gherardini, esposa de Francesco del Giocondo.

 

   

 

No blog Los grandes robos de arte, da historiadora Montse Díaz, podemos ler o relato do roubo deste cadro no verán de 1911.

Espazo deixado polo cadro ao ser roubado

   


   


 

O Museo Nacional del Prado en Madrid, conserva na súa colección unha copia de La Gioconda, contemporánea da orixinal de Leonardo, realizada no seu propio taller, moi probablemente por algún dos seus discípulos Andrea Salai ou Francesco Melzi.

Podemos atopar máis información sobre o cadro na web da pinacoteca, en Pradomedia e nun artigo de rtve.es.


 

 

 

 

 

 

 

 

Preme na imaxe para vela en alta resolución

     
     
     
L'ULTIMA CENA
     

Preme na imaxe para vela en alta resolución

     

En 1494, Ludovico Sforza, Il Moro, duque de Milano, encargou a Leonardo da Vinci unha pintura mural para o reflectorio de Santa María delle Grazie, declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1980. Leonardo executou a que moi probablemente sexa a súa mellor obra, L'Ultima Cena.

milan.arounder.com ofrecenos a posibilidade de aproximarnos un pouco máis ao reflectorio e á pintura a traves dunhas imáxes interactivas.

 

 
    Vista de Santa Mª delle Grazie
     

En abril de 2006 a BBC dentro da serie Private Life of a Masterpiece emitiu un documental sobre L'Ultima Cena, producido por Fulmar Television & Films.

Ese documental está agora colgado en You Tube.

   

 

   

 

   
     
BIOGRAFÍA
 
Documental sobre a vida de Leonardo da Vinci producido por History Television Networks e emitido no seu día por Canal Historia. Agora en You Tube.

VIDEOCONFERENCIA: "FACENDO FÍSICA DE PARTÍCULAS POLO MUNDO"

O alumnado de Ciencias de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato, participa na videoconferencia "Facendo Física de Partículas polo mundo" organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Coordinación e Dinamización Linguïstica e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela,  con motivo da celebración do III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego para o vindeiro Martes 6 de Novembro, de 12:30 a 13:30, na aula de usos múltiples do IES de Brión.

 

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

 

O día 5 de novembro celébrase o III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego. Este evento ten como principal obxectivo defender uso do galego nas áreas de Ciencias e de Tecnoloxías e está organizado polas asociacións:


IGACIENCIA
Institución Galega da Ciencia
AGAPEMA
Asociación galega de profesores de educación matemática  

 

ENCIGA
Asociación de ensinantes de Ciencias de Galicia  

 

APETEGA
Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia

Este ano  proponse a Tecnoloxía como temática anual, presentando as figuras de Ramón Verea (inventor galego dunha das primeiras calculadoras), e Leonardo da Vinci e a bicicleta como principais propostas de traballo. Baixo o lema "A Tecnoloxía fala galego" e recuperando outros como" A tecnoloxía é cultura" e "Tecnoloxía: evolución e cultura", salientase a importancia da formación tecnolóxica  no sistema educativo, ante as novas propostas educativas. Preme  para obter máis información: Apetega, PEAPT.

No IES de Brión participamos no III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego con diferentes actividades:

- Participación na videoconferencia vía web que terá lugar o vindeiro martes 6 de novembro, organizada pola Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Linguïstica na que destacados investigadores en Física de Partículas formados en institutos galegos achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade, baixo o título título: "Facendo Física de Partículas polo mundo" polos relatores: Patricia Conde, investigadora no LIP de Lisboa, física do experimento ATLAS do CERN. Olalla Castro, profesora no City University en Londres, investiga en Teoría Cuántica de Campos. Abraham Gallas, investigador no CERN e na USC, físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado, investigador no CERN e na USC, investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo. Cibrán Santamarina, profesor da USC, traballa no experimento LHC do CERN.

- Deseño e construción da ponte autoportante de Leonardo da Vinci e construción dunha cúpula baseada nos seus debuxos.

- Deseño de engrenaxes.

- Mostra de bicicletas e slogans relacionados coa bicicleta como vehículo sostible.

- Recompilatorio de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci.

- Recompilatorio de información na rede sobre Leonardo da Vinci. 

- Exposición de traballos elaborados por alumnado de 4º  sobre Leonardo da Vinci, Ramón Verea e a bicicleta.

- Análise da bicicleta como obxecto tecnolóxico.

ENGRENAXE

Con motivo do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012, o alumnado de Debuxo Técnico II (2º de Bach) estivemos construíndo con Geogebra un engrenaxe cos perfís dos dentes baseados nunha evolvente.

Preme nas imaxes para ver as construcións en Geogebra

 

PONTE AUTOPORTANTE DE LEONARDO DA VINCI


Con motivo da celebración do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, o alumnado de Debuxo Técnico I de 1º de bacharelato debuxamos unha ponte autoportante deseñada por Leonardo da Vinci con Geogebra.

Preme na imaxe para ver a construción en Geogebra.

 

No seguinte vídeo podes observar a construción da ponte autoportante de Leonardo:

 


Distribuir contido