Departamento de Tecnoloxía

TECNOLOXÍA NA REDE

Tecnoloxía na rede

Blog do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión

Comenzamos un novo espazo web de traballo para as materias do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión en formato blog.

EFICIENTIC: EFICIENCIA ENERXÉTICA E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

05/03/2013 08:35
05/03/2013 14:05

Os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e  Física organizan a participación do alumnado de 4º de ESO na Xornada de EFICIENTIC en Vigo.

Dende a imaxe podes acceder ás imaxes do alumnado do IES de Brión na xornada de EficienTIC

EFICIENTIC é un proxecto de divulgación científica que consiste nun conxunto de actividades e talleres co obxectivo de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballan EnergyLab ( Centro tecnolóxico de Eficiencia e sustentabilidade enerxética) e Gradiant ( Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas de Eficiencia Enerxética e das Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

O programa da xornada consta de:

  • Charla para introducir os aspectos fundamentasi sobre as TIC e a Eficiencia Enerxética e actividades iniciais.
  • Talleres:
    • Xeración de enerxía pedaleando
    • Illamento
    • Recoñecemento facial e consellos de aforro no consumo dos computadores
    • Hidróxeno para a mobilidade
    • Energy Harvesting
    • Xeración de enerxía a partir de cambios de temperatura
    • Auditoría enerxética

EFICIENTIC na TVG

 

MATERIAIS 2º ESO

Nos vindeiros días empezaremos a traballar as unidades didácticas do bloque de Materiais. Presentamos as unidades didácticas e ligazóns interesantes para repasar os contidos:  

Unidade 5 

Materiais de uso técnico 

AVERIGUA LO QUE SABES
 

Unidade 6

A madeira

 

 

Unidade 7

Os metais

 

 

AS PROPIEDADES DOS METAIS

LIGAZÓNS 2º ESO, 3º ESO

REPRESENTACIÓN GRÁFICA PARA 2º ESO

Debuxando as vistas dun obxecto paso a paso

 

Recurso da web:  www.aulataller.es

Identificando vistas

Recurso da web:  www.aulataller.es

Obtención de vistas

 

 

 

Recurso da web: http://www.educacionplastica.net
Modelado en3D a partir de vistas Recurso da web: http://www.educacionplastica.net
 Páxina de Debuxo técnico
 

Recurso da web:http://www.iesalquibla.net/TecnoWeb/index.htm

 

MATERIAIS

Unidade 5 

Materiais de uso técnico 

AVERIGUA LO QUE SABES

Unidade 6

 

A madeira

 

LABORATORIO VIRTUAL DE TRABALLO CON MADEIRA

Unidade 7

Os metais

AS PROPIEDADES DOS METAIS

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

No IES de Brión, conmemoramos o día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego durante a semana do 12 de Novembro

, adicado este ano á Tecnoloxía e ás figuras de Leonardo da Vinci,Ramón Verea e á bicicleta cunha serie de

actividades das que tes unha breve reseña na seguinte ligazón

LEONARDO E RAMÓN VEREA

Con motivo da conmeración da Ciencia e Tecnoloxía en galego desde o departamento de Tecnoloxía, propoñemos ao alumnado de 4º buscar información e elaborar unha breve presentación sobre os homenaxeados desta edición, Leonardo da Vinci e Ramón Silvestre Verea. Algúns dos resultados do traballo os podemos ver nas seguintes ligazóns:

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

 

O día 5 de novembro celébrase o III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego. Este evento ten como principal obxectivo defender uso do galego nas áreas de Ciencias e de Tecnoloxías e está organizado polas asociacións:


IGACIENCIA
Institución Galega da Ciencia
AGAPEMA
Asociación galega de profesores de educación matemática  

 

ENCIGA
Asociación de ensinantes de Ciencias de Galicia  

 

APETEGA
Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia

Este ano  proponse a Tecnoloxía como temática anual, presentando as figuras de Ramón Verea (inventor galego dunha das primeiras calculadoras), e Leonardo da Vinci e a bicicleta como principais propostas de traballo. Baixo o lema "A Tecnoloxía fala galego" e recuperando outros como" A tecnoloxía é cultura" e "Tecnoloxía: evolución e cultura", salientase a importancia da formación tecnolóxica  no sistema educativo, ante as novas propostas educativas. Preme  para obter máis información: Apetega, PEAPT.

No IES de Brión participamos no III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego con diferentes actividades:

- Participación na videoconferencia vía web que terá lugar o vindeiro martes 6 de novembro, organizada pola Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Linguïstica na que destacados investigadores en Física de Partículas formados en institutos galegos achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade, baixo o título título: "Facendo Física de Partículas polo mundo" polos relatores: Patricia Conde, investigadora no LIP de Lisboa, física do experimento ATLAS do CERN. Olalla Castro, profesora no City University en Londres, investiga en Teoría Cuántica de Campos. Abraham Gallas, investigador no CERN e na USC, físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado, investigador no CERN e na USC, investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo. Cibrán Santamarina, profesor da USC, traballa no experimento LHC do CERN.

- Deseño e construción da ponte autoportante de Leonardo da Vinci e construción dunha cúpula baseada nos seus debuxos.

- Deseño de engrenaxes.

- Mostra de bicicletas e slogans relacionados coa bicicleta como vehículo sostible.

- Recompilatorio de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci.

- Recompilatorio de información na rede sobre Leonardo da Vinci. 

- Exposición de traballos elaborados por alumnado de 4º  sobre Leonardo da Vinci, Ramón Verea e a bicicleta.

- Análise da bicicleta como obxecto tecnolóxico.

CONTIDOS DAS MATERIAS

Na seguinte ligazón podes atopar información sobre datos de emprego das profesións relacionadas coas Tecnoloxías, vinculación cos graos relacionados e parámentros de ponderación e contidos das materias do departamento de Tecnoloxía.

O IES DE BRIÓN EN "TECNOLOXÍA NA RÚA"

 

Un ano máis o noso alumnado tivo a oportunidade de dar a coñecer algúns dos seus traballos na mostra "Tecnoloxía na rúa" celebrada o pasado venres 1 de xuño en Compostela.

Expuséronse traballos do alumnado de 1º e 2º PDC como as torres de Hanoi, grúas e un cabalo electromecánico, de 3º de ESO como os xogos eléctricos e o prototipo dunha lámpada cerámica de leds deseñada polo alumnado de 1º de bacharelato nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I.

Accede á seguinte ligazón para ver imaxes dos proxectos da mostra "Tecnoloxía na rúa"

O programa efervesciencia da Radio Galego adicou un espazo á mostra. Podes escoitar a información sobre o proxecto a partir do minuto 5 na seguinte ligazón:

Efervesciencia

VISITA AO ICG

 

O día 20 de febreiro o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de bacharelato visitou as instalacións do Instituto de Cerámica de Galicia, a proposta do departamento de Tecnoloxía para cumprimentar o estudo do bloque temático de materiais

 

A visita poderiamos dividila en tres bloques fundamentais:

I- Presentación do IGC

O director do instituto Francisco Guitián recibiunos e convidounos ao salón de actos onde realizou unha presentación da historia do instituto dende os seus orixes, no 1990 ata a actualidade, expoñendo a principal actividade en I+D+I, os materiais de traballo, as industrias coas que colabora e para as que realiza servizos tecnolóxicos como Alúmina- aluminio, aquagest, ferroatlántica ou Sargadelos, as empresas xeradas a partir do IGC spin-offs, etc.

A modo de exemplo descubrimos que o IGC leva rexistradas ata 30 patentes como a creación do proceso de obtención de vidriados e cristais negros a partir de residuos de pizarra.

Tamén coñecimos que se crearon a partir do instituto 4 spin-offs:

  • Glassvivo que produce la de roca a partir dos residuos da lousa e ademais contribúe a diminuír o volume e eliminar os vertedoiros minerais en Galicia.

  • Neoker que que se adica a fabricar fibras monocristalinas de alfa-alúmina denominadas whiskers, que visualmente lembran ao algodón. É un material único a nivel mundial que soporta 1800 graos de temperatura de uso e resiste un peso de 60 toneladas por centímetro cadrado sen romper. Ademais pode mesturarse para formar materiais compostos de altas prestacións.

  • Keramat é a única peme española no sector do deseño e a fabricación de biocerámicas para implantes médicos e veterinarios

  • Inderbar, que produce ladrillos acumuladores de calor

Puidemos coñecer as principais liñas investigadores que se desenvolven na actualidade no IGC.

II- Visita guiada á exposición dos principais materiais

A continuación puidemos observar o aspecto dalgúns dos materiais de traballo, dende biomateriais como tapóns de cráneo ou prótese de cadeira, ata un diamante artificial, pasando por unha amplia variedade de ladrillos, placas feitas con restos orgánicos de pipas ou palla empregadas como illantes de calor, fios superresistentes feitos a partir de residuos de pizarra.

III- Instalacións, técnicas e equipamento.

Unha das partes máis interesantes da visita foi poder ver in situ a actividade que se desenvolve nas instalacións desde comprobar ensaios de resistencia de materiais, ladrillos, ata como se analiza un material con microscopía e espectrometría. Tamén visitamos a planta piloto con equipamento moi innovador e unha amplia gama de fornos, comprobando cunha cámara térmica a modificación da temperatura de diversos materias.

Agradecemos a Francisco Guitián e ao seu equipo a posibilidade de darnos a coñecer de primeira man o traballo de investigación con materiais realizado en Galicia desde o Instituto Galego de Cerámica.

Distribuir contido