PONTE E CÚPULA AUTOPORTANTES

Enviado por admin o Mar, 13/11/2012 - 18:15

Con motivo do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I debuxou e construíu unha ponte autoportante segundo o deseño de Leonardo da Vinci.

A ponte mide 600 cm de longo, 75 cm de ancho e 75 cm no seu punto máis alto. Consta de 14 largueiros de 150 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados lonxitudinalmente, e 9 largueiros de 75 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados transversalmente.

A ponte foi inicialmente montada no patio do centro e trasladada ao distribuidor de entrada para formar parte da exposición que acolle os traballos sobre o Dia da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego.

Tamén construiron xunto ao alumnado de  EPV de 4º ESO unha cúpula autoportante segundo trazados de Leonardo.

Este traballo adquire unha importancia especial no noso centro, debido a que no curso 2010/11 os departamentos de Tecnoloxía, Debuxo e Bioloxía e Xeoloxía desenvolveron un proxecto de deseño e construción dunha cúpula xeodésica para usar como invernadoiro.

   
   
 
     
 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.