Departamento de Tecnoloxía

TALLER DE INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN

O día 15 de outubro tivo lugar no IES de Brión a actividade "Talleres de introdución á programación", para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR, da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña, a UDC e Europe Direct.

A nova na prensa:

El Correo gallego, publicou: "A semana europea da programación busca desde Brión talento"

Código cero, publicou: "Un cento de estudantes de Brión metéronse de cheo na programación"

XIV XORNADAS DE TECNOLOXÍA

O IES de Brión acolle os días 5 e 6 de xuño as XIV XORNADAS DE TECNOLOXÍA organizadas por APETEGA, Asociación de Profesorado de Tecnoloxía.

As xornadas inclúen visitas didácticas ao Complexo Medioambiental do Barbanza e a FINSAobradoiros prácticos, conferencias e comunicacións.

Programa das xornadas

ALUMNADO DE 4º PARTICIPA NO 7º OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

02/02/2015 16:00
02/02/2015 18:00

Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.

A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.

    7º obradoiro e concurso galego de robótica

Información sobre a actividade vía: educaBarrié

A nova na prensa:

VISITA A SOTAVENTO

Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.

COCIÑAS SOLARES. DE NOVO!

O pasado luns 16 de xuño o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach participou nunha sesión de traballo ao redor da construción e uso de cociñas solares organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

Nesta sesión desenvolvéronse diversos aspectos teóricos e técnicos sobre este tipo de cociñas solares con reflector parabólico, e ao fin tivemos tamén a oportunidade de compartir un chocolate feito nunha delas.

Estas cociñas foron construídas por alumnado de bacharelato que cursou Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I nos cursos 2009/10 e 2012/13.

Máis información sobre os proxectos en:

  

SOBRE GALICIA INDUSTRIAL

O IES de Brión acolle desde o 22 de abril ata o 6 de maio a exposición "Sobre Galicia Industrial".

A exposición forma parte do proxecto Intercentros de de educaBarrié do 2013, "Sobre Galicia Industrial" , que xorde a partir da exposición orixinal  da Fundación Barrié  "Galicia Industrial". Galería de imaxes da exposición orixinal. Documental da exposición "Galicia Industrial"

Para máis información sobre o proxecto podes ver o seguinte vídeo:

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS, MUNCYT E ACUARIO

Os departamentos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía organizamos na cidade de A Coruña as visitas a:

para o alumnado de 2º de ESO, o martes, 1 de abril do 2014, de 8:30 a 17:55 horas

VISITAS A CENTROS DE INVESTIGACIÓN

O alumnado de Ciencias de Bacharelato visita durante esta semana varios centros de investigación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela:

  • O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, o 19 de marzo visita o CITIUS ( Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) e o  CIQUS ( Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)
  • O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita o 21 de marzo o IDIS ( Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)

ENERXÍAS RENOVABLES EN SOTAVENTO

03/12/2013 08:35
03/12/2013 17:30

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizan a visita ao parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o vindeiro martes, 3 de decembro do 2013. O parque eólico da a coñecer as enerxías renovables, contando con:

 

  • Maquetas e equipos enerxéticos: pila de combustible, enerxía eólica, hidráulica, solar, aforro e eficiencia enerxética.

  • Instalacións reais: enerxía eólica, solar térmica e fotovoltaica.

  • Paneis explicativos: todas as enerxías renovables, aforro e eficiencia.

  • Vivenda bioclimática: Proxecto Cooperativo Científico Tecnolóxico, Singular e de Carácter estratéxico de Demostración da viabilidade Técnica e Económica do uso Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE.

TECNOLOXÍA NA REDE

Tecnoloxía na rede

Blog do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión

Comenzamos un novo espazo web de traballo para as materias do departamento de Tecnoloxía do IES de Brión en formato blog.

Distribuir contido