VISITAS A CENTROS DE INVESTIGACIÓN
Enviado por Anónimo o Mér, 19/03/2014 - 00:57
O alumnado de Ciencias de Bacharelato visita durante esta semana varios centros de investigación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela:
- O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, o 19 de marzo visita o CITIUS ( Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) e o CIQUS ( Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)
- O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita o 21 de marzo o IDIS ( Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)