Departamento de Tecnoloxía

PARTICIPACIÓN DE TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA NO PROXECTO "A CAIXA SOSTIBLE"

O grupo de Tecnoloxía e Enxeñaría I de 1º de bacharelato participou no proxecto "A caixa sostible" da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. O alumnado traballou nas actividades de eficiencia enerxética e pegada de carbono no estudo  dos bloques temáticos de Tecnoloxías sostibles e Proxectos de investigación presentando os resultados acadados no seguinte póster que poderás descargar premendo na imaxe.

CHARLA E OBRADOIRO SOBRE INFORMÁTICA VISUAL

O pasado martes 30 de maio, Eva Cernadas, profesora da da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Na USC estivo no centro impartindo dúas actividades:

  • A charla "Por que "nacín" enxeñeira?, dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” co alumnado de TIC I e Tecnoloxía e Enxeñaría I.
  • O obradoiro "Informática visual na Medicina e Bioloxía" co alumnado de 1º ESO B.

Desde o IES de Brión queremos agradecer unha vez máis a Eva a súa labor divulgativa amosando a relación da ciencia e tecnoloxía coa vida cotiá, a través das aplicacións informáticas que desenvolveu no seu grupo de investigación e aproximándonos a referentes femininos, moitas veces descoñecidos no mundo da enxeñaría.

2º PREMIO NA 6ª COMPETICIÓN DE ROBOTS

Alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO participou o venres 21 de abril na 6ª Competición de Robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Ata 600 participantes distribuidos en máis de 100 equipos de toda Galicia competiron nas probas propostas na fase Be-robot correspondente a ESO e Bacharelato.

O alumnado participou na categoría 3º- 4º de ESO na que competían 48 equipos, quedando seleccionados nunha 1º fase clasificatoria que deu paso a unha final dos 12 mellores equipos da categoría. Despois de  moitas probas e axustes de programación, o equipo Brión 1 conseguiu unha estupenda 2ª posición na final, conseguindo  reducir os tempos nas probas e sortear os obstáculos.
Parabéns polo  traballo de grupo e perseveranza.

"600 alumnos de toda Galicia invaden o campus de Vigo con robots" Atlántico, 22/04/23

"Ate 600 estudantes participarán na VI Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial" Código Cero 14/04/23

VISITA AO CITIUS

Alumnado de 1º de Bacharelato visitou o CITIUS o pasado venres 10 de marzo, asistindo a  presentacións impartidas polos seguintes investigadores en diferentes temáticas TIC punteiras:

Presentación do CITIUS        

    Senén Barro 

Computación cuántica: presente e futuro

    Tomás Fernández

Interacción persoa-ordenador

    Alejandro Catalá

Presentación en Linguística Computacional

    Pablo Gamallo

Visita ao Centro de Procesamento de Datos     Fernando Guillén

CITIUS en Twitter

VISITA Á AULA NEWTON

Alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o pasado 20 de xaneiro á Áula Newton, para desenvolver a actividade: "Voamos con números, unha aventura aérea", na que planificaron os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tiempo, para aprender a manexar correctamente a navegación e cumpriron unha misión empregando simuladores de voo avanzados.

CHARLAS 11 f. DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA

Na conmemoración do día Internacional da nena e muller na Ciencia dúas excelentes profesionais  impartiron  charlas no IES de Brión achegándonos de forma sinxela á Intelixencia Artificial.


O alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato asistiu o 8 de febreiro á charla temática "Intelixencia artificial, imaxes e saúde" impartida por María J. Carreira, profesora de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC. Durante a charla coñecimos proxectos nos que participous no eido do procesado intelixente de imaxe médica en campos tan diversos como a oftalmoloxía, radiografía de tórax, oncoloxía e neuroloxía. Actualmente investiga no CITIUS nos eidos da Odontoloxía e Bioinformática. Finalmente animou ao alumnado ao aproximarse ás profesións de científic@ e enxeñeir@, vinculándoas á sociedade actual.

Charla María Carreira  11F 2022

"Intelixencia Artificial, imaxes e saúde" María J. Carreira

Charla Sabela Ramos 11F 2022

"Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo",  Sabela Ramos Garea

Alumnado de 3º de ESO asistiu o pasado 11 de febreiro á charla on line "Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo?" impartida por Sabela Ramos Garea enxeñeira de software en Google Research, organizada desde o MUNCYT. Sabela introduciu ao alumnado conceptos da Intelixencia Artificial como aprendizaxe por reforzo, aprendizaxe máquina, machine learning, test de turing.

 

TECNÓLOG@S POR UN DÍA

O programa Tecnólog@ por un día ofrece a oportunidade a alumnado galego de visitar instalacións de empresas relacionadas co sector TIC de Galicia para que poidan experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais deste campo.

O pasado 3  de Decembro Carlos M. e Valeria, alumnos de 1º de Bacharelato do IES de Brión, pasamos un día nas instalacións de Televés Corporation e coñecimos unha empresa multinacional moderna e automatizada que produce desde cero todo o produto e subproduto co que traballa.

Na primeira metade do día visitamos Gsertel, que é unha empresa pertencente ao grupo Televés que monta, revisa e programa unha ampla variedade de produtos cos cales  miden, analizan e diagnostican sinais de radio e televisión de forma portátil. Nas súas instalacións visitamos as diferentes estancias nas que Gsertel leva a cabo o seu cometido dentro do grupo Televés.

Posteriormente unímonos a alumnos de  outros centros na fábrica de Televés na que se leva a cabo a elaboración da totalidade dos produtos comercializados pola multinacional. Alí puidemos observar a fabricación de forma parcialmente automatizada de todos os compoñentes cos que conta o produto final.

Ambos animaríamos a todo o que tivera a oportunidade de presentarse a algún programa deste tipo xa que é unha experiencia inesquecible que persoalmente recomendamos e se tiveramos oportunidade repetiriamos.             

Valeria Torres Lago Carlos M. Domínguez Carballo, 1º Bacharelato A

OBRADOIRO "A TARIFA DA LUZ"

O pasado 16 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO asistiu ao Obradoiro "A tarifa da luz" impartido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, onde recibiron formación básica sobre a factura eléctrica e medidas para un consumo responsable, como a consulta da páxina web: https://tarifaluzhora.es/ para coñecer o prezo da luz por horas no día seguinte.

Obradoiro "A factura da luz"

PREMIO DE DRONS PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

O luns 22 de novembro os alumnos Carlos M. Domínguez e Santiago Orozco de 1º de Bacharelato representaron ao IES de Brión no Concurso de drons convocado por Igaciencia, resultando gañadores na categoría de Bacharelato e FP.

Concurso de drons:Alumnos pilotando o dron Concurso de drons: Alumnos na entrega de premios

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu o pasado 16 de novembro ao Obradoiro concurso galego de Robótica que Igaciencia organizou na celebración o XII Día da Ciencia en Galego no Centro Ágora da Coruña.

Parabéns ao alumnado pola excelente participación e resultados.

Obradoiro de robótica

 

Gañadores XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica e drons. A maxia da Robótica e dos drons. Igaciencia.

XII Taller e concurso de Robótica e drones. Relación de centros gañadores. Concello de A Coruña.

A Coruña recoñece o talento argalleiro da nosa mocidade no XII Obradoiro e Concurso de Robótica. Código Cero.

A Coruña entrega os premios no XII Obradoiro-concurso Galego de Robótica e drons. Quincemil.

Distribuir contido