VISITA DESDE HONDURAS

Dentro do plan proxecta ” o mundo que queremos ” no que participa o IES de Brión o alumnado de 1º de ESO que xa tivo un obradoiro de fotografía, de radio e de teatro no que traballaron o que necesitamos para chegar a ese mundo que queremos, recibíu estos días a visita de dúas activistas hondureñas polos dereitos humáns, Érika García e Diana Guillén que acompañan a organizacións de mulleres, unha traballa con universitarias e a outra forma a mulleres obreiras das maquilas (fábricas de textil). Integradas no CDM (centro de dereitos de mulleres) que recibiron no ano 2004 o premio nacional de dereitos humáns. Despois pasaron por RADIO emBRIÓN para compartir o seu traballo e as súas experiencias a prol das mulleres no país centroamericano. Grazas por vir desde tan lonxe a estar có noso alumnado e parabéns pola vosa loita por un mundo mellor.

FINALISTAS NO FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI

A curtametraxe "Dúas Lúas" creada polo equipo de cine do IES de Brión e coordinada pola profesora Ana Cadenas foi seleccionada como finalista no Festival Audiovisual Escolar Olloboi, na categoría de Montaxe.

Parabéns ao equipo de traballo de cine pola nominación e polo traballo realizado ao longo do curso.

Dúas Lúas from IES de Brión on Vimeo.

1º PREMIO NO IV CONCURSO DE ROBOTS DA EEI

O equipo "Brión 1" de 1º de Bacharelato acadou o 1º premio da súa categoría no IV Concurso de Robots da EEI de Vigo logo dunha reñidísima final con contrincantes de moito nivel.

Outros dous equipos de 4º ESO e 1º de Bacharelato chegaron á final logo de varias mangas das probas de segueliñas e sumo.

A organización da convocatoria otorgou ademáis ao IES de Brión un premio pola cantidade e calidade de equipos participantes no concurso.

Parabéns a todo o alumnado polo seu magnífico traballo!

Ver a nova en GCiencia

Ver a nova en Faro de Vigo

Ver a nova en El correo gallego

Ver a nova en Atlántico

Ver a nova no Diario da Universidade de Vigo

Ver a nova na TVG

Save

Save

Save

Save

IV COMPETICIÓN DE ROBOTS

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do ámbito científico- tecnolóxico participa un ano máis na IV Competición de robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Este curso a a competición celébrase durante a mañán do vindeiro 4 de maio e participan dous equipos de 4º de ESO de dous de 1º de Bacharelato entre un total de 183 equipos participantes.

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC

O grupo de 1º de ESO A participa no Día Internacional das Rapazas nas TIC o xoves, 26 de abril de 11:00 a 12:30.

rapazas_TIC

A actividade consiste nun coloquio virtual con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, das que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria e primaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.

A actividade enmárcase no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o centro desde o curso pasado e está organizada pola aula e-learning do CESGA.

SORTEO RIFAS DA VIAXE FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O venres 20 de abril celebrouse  no instituto o sorteo das rifas que vendeu o alumnado de 4 °ESO pro-viaxe fin de etapa. O número premiado foi o:    0022

sorteo_4_ESO_2018

Sorteábase un circuito termal para dúas persoas no Balneario Compostela e un almorzo ou merenda para dúas personas na Panadería La Canela. 

A persoa gañadora debe poñerse en contacto co instituto.

XORNADA ESCOLAR PARA UN USO SEGURO E RESPONSABLE NA REDE

O mércores 25 de abril de 12:25 a 14:05 os grupos de 1º B (de 12:25 a 13:15) e 1º C (de 13:15 a 14:05) de ESO terán un taller sobre uso seguro e responsable na rede impartido por Internet Segura for kids dentro das Xornadas Escolares para un uso seguro e responsable na rede. A xornada completarase cunha sesión de formación para o profesorado.

uso seguro na rede                                                            

STEMlab Galicia

O vindeiro venres 20 de abril alumnado de 4º ESO visitará a feira STEMlab Galicia, nunha saída organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. STEMlab Galicia celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e reunirá 19 experiencias de diferentes centros educativos desenvolvidas no contexto STEM, así como obradoiros, espazos maker e conferencias de persoeiros de prestixio.

O sábado 21 o IES de Brión estará de novo presente na Xornada de Educación Dixital coa presentación do traballo por proxectos no contexto STEAM realizado no noso centro ao longo destes últimos anos. Esta charla está relacionada coa solicitude do proxecto Erasmus + K201 "Human STEAM Lab 2.0" en colaboración con diversas institucións e centros de ensino europeos.

ENTREGA DE PREMIOS JUVENES TRANSLATORES

Pablo Villar Abeijón (2ºBac) viaxou a Bruxelas para recibir o seu premio como gañador español do concurso europeo de tradución Juvenes Translatores. Alí reuníuse cos outros galardonados, os mellores traductores xoves da Unión Europea, un por cada país da Unión.

A ceremonia foi o día 10 de abril na Sala Gasperi da Comisión Europea – un lugar impresionante para un evento entrañable e multilingüe. O Comisario Günther H. Oettinger e o Subdirector Xeral da Dirección Xeral de Traducións, Christos Ellinides, foron os encargados de entregar os premios.

Para acceder ao vídeo da Ceremonia accede á seguinte ligazón: Vídeo da Ceremonia en Facebook (Minuto 1:12 Entrega de Pablo Villar Abeijón).

Entrevista a Carolina Bescansa en RADIO emBRIÓN

Carolina naceu en Santiago, estudou no IES Rosalía de Castro. Profesora na UCM de socioloxía e ciencia política. Participou na fundación de Podemos no 2014. A día de hoxe é deputada por Madrid no congreso e secretaria de análise político e social de Podemos.
Participaron na entrevista @s alumn@s de 1º de ESO Valeria Torres e Xosé García, Dakota Esparís e Yolanda García de 2º de ESO, Jessica Ramos de 3º de ESO, a orientadora Carmen Garabal, a profesora Noa Carrera e o delegado sindical de CCOO-Ensino e doutor en pedagoxía Rubén Torres.

Save

Save

Distribuir contido