Física e Química
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2007 - 12:47O Departamento de Física e Química para este curso 2024/25 está integrado polas seguintes profesoras:
Noela Vallejo Senra, xefa do departamento, que imparte clase aos seguintes grupos: Física e Química en 2º ESO A,B e C e Física en 2º de bacharelato.
Virginia Rodríguez Álvarez, que imparte clase aos seguintes grupos: Física e Química en 4º ESO e Química en 2º de bacharelato.
Antonio Manuel Rodríguez Castro que imparte clase de Física e química en 2º ESO D, en 3º ESO e en 1º de bacherelato .
Programacións do departamento de física e química
Enviado por Noela o Xov, 07/11/2024 - 17:53Achéganse as programacións do departamento de física e química para o curso 24/25, así como 2 adendas ás programacións de 3º de ESO e 1º de bacharelato onde se poden consultar as táboas na que se recollen para cada UD os criterios de avaliación, o procedemento de avaliación que se aplicará, o instrumento de avaliación, o peso da nota dese criterio na cualificación total da UD..
Visita ao parque de Sotavento
Enviado por Noela o Mér, 20/03/2024 - 20:12O alumnado de 2º da ESO viaxou ata o parque eólico experimental de Sotavento os días 27 de febreiro e 12 de marzo. Grazas ao ben facer das persoas que nos guiaron na visita esta resultou de gran interese e estamos seguras de que serviu para adquirir aprendizaxes moi útiles para a vida futura dos nosos alumnos e alumnas.
Aprenderon cuestións relativas a enerxías renovables, traballando máis a fondo sobre a solar; da cal fixeron unha práctica con placas fotovoltaicas; e a eólica, vendo "in situ" un aeroxerador desmontado comprendendo as partes que o compeñen e a función de cada unha delas e podendo entrar en aeroxeradores en funcioanmento.
Outra parte de gran interese foi a charla sobre a regulación do precio da electricidade, dun xeito moi didáctico comprenderon a influencia de cada unha das fontes de enerxía na tarifa eléctrica e a importancia de reducir o consumo de gas tentando invertir en enerxías renovables.
Tan interesante foi aprender sobre xeración de enerxía como sobre aforro e consumo responsable. De especial interese foi a visita da vivenda bioclimática onde esplicaron aspectos relativos á importancia da orientación, illamentos, aproveitamento da luz natural, calefacción por chan radiante, domótica...aspectos que seguro terán moi en conta cando escollan a súa vivenda.
Visita ao parque eólico experimental de Sotavento
Enviado por Noela o Xov, 05/05/2022 - 13:01O alumnado de 3º da ESO do centro visitou o parque eólico experimental de Sotavento, visita que resultou de gran interese dada a situación de crise enerxética na que nos atopamos, coa tarifa eléctrica dispara e os combustiblés polas nubes.
Os alumnos aprenderon un pouco máis sobre as fontes de enerxia, como se establece o precio da electricidade e por que está a subires tanto. Fixeron practicas con placas fotovoltaicas e entraron dentro dun aeroxerador aprendendo as distintas partes que o conforman e a misión de cada unha delas na xeración de enerxía.
Tan interesante foi aprender sobre xeración de enerxía como sobre aforro e consumo responsable, de especial interese foi a visita da vivenda bioclimática da cal estamos seguros que sacarán moitas ideas para as súas futuras casas.
Voltaremos seguro!
Participación na MasterClass de Física de Partículas
Enviado por Noela o Xov, 17/02/2022 - 22:32O pasado venres 11 de Febreiro en conmemoración do día da muller e a nena na ciencia Julia González e Valeria Torres acudimos a unha masterclass sobre física de partículas organizada por alumnas de doutorado en distintas ramas da física. Á masterclass acudimos 40 alumnas de 20 centros distintos e 20 profesores/as.
Ao chegar visitamos as instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e asistimos a dúas charlas teóricas básicas sobre física de partículas para aprender os fundamentos que posteriormente empregaríamos nos obradoiros prácticos.
A continuación realizamos a parte práctica na que tiñamos que buscar a traza das partículas que se xeran nos aceleradores de partículas do CERN, analizamos datos reais!
Tivemos un descanso para xantar dunha hora co resto de alumnas no comedor universitario.
Nas últimas horas da xornada debatemos sobre os resultados da análise do CERN e principalmente sobre o papel da muller na ciencia e nas carreiras STEM. Por último sobre as conclusións que sacamos falamos e conversamos nunha videoconferencia en inglés con investigadoras do CERN.
Por último fixemos unha ronda de preguntas coas organizadoras sobre o aprendido na xornada e sobre a súa vida como investigadoras e científicas nun sector dominado por homes. Gustaríanos destacar o xenial que foi vivir unha experiencia coma esta, e máis cando estivo organizada integramente por mulleres investigadoras que queren difundir a súa vida e carreira a rapazas novas para fomentar a ciencia no xénero feminino.
Masterclass "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia"
Enviado por Anónimo o Mér, 13/02/2019 - 13:17O pasado luns 11 de Febreiro, dúas alumnas de 1º de Bach, Antía Cunqueiro e Tania García, asistiron a unha xornada ou “Masterclass” para celebrar o “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” na facultade de Física da USC.
Nesta xornada levaron a cabo actividades relacionadas coa Física de Partículas, traballando con datos obtidos no propio CERN. Esta actividade culminou cunha videoconferencia con dúas investigadoras do CERN e outros grupos de alumnas doutras cidades para comentar os resultados obtidos durante a práctica.
Tanto as alumnas como a profesora acompañante desfrutaron moitísimo na xornada, agradecéndolle ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías a organización de dita xornada e, sobre todo, as físicas que nos acompañaron durante todo o día, Beatriz, Alessandra e Clara, a súa implicación e empeño.
“Na miña opinión, foi un acerto total asistir a esta xornada. Persoalmente, serviume para achegarme máis á física, que, para min, era unha gran descoñecida. Ao longo da xornada, puiden aprender cousas increíbles sobre a física de partículas, o que fixo que me interesara por ese campo e desfrutara moito. Ademais, a masterclass foi moi amena, o día pasouse voando. A parte práctica permitiume experimentar por min mesma o que anteriormente nos explicaran as estudantes de física que nos acompañaron durante toda a xornada, e coas que estivemos moi a gusto. Sen dúbida, foi un privilexio poder asistir e contarxiarme da súa paixón pola física, a cal é tamén para as rapazas!”
Tania García
“Esta foi unha xornada moi gratificante e motivadora. A min serviume para coñecer esta parte da física que descoñecía completamente e que ademais é moi distinta á que nos explican no instituto e que acabou resultándome moi interesante e atractiva. A parte do día que máis me gustou foi a práctica, que me permitiu empregar todos os conceptos que aprendera dunha maneira moi divertida. Tamén destacaría que esta masterclass estaba dirixida por rapazas e para rapazas, o que me pareceu un excelente modo de motivarnos para que escollamos carreiras universitarias científicas. Sen dúbida foi unha sorte poder acudir a esta actividade e repetiría encantada!”
Antía Cunqueiro
STEMlab Galicia
Enviado por admin o Mar, 17/04/2018 - 20:38O vindeiro venres 20 de abril alumnado de 4º ESO visitará a feira STEMlab Galicia, nunha saída organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. STEMlab Galicia celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e reunirá 19 experiencias de diferentes centros educativos desenvolvidas no contexto STEM, así como obradoiros, espazos maker e conferencias de persoeiros de prestixio.
O sábado 21 o IES de Brión estará de novo presente na Xornada de Educación Dixital coa presentación do traballo por proxectos no contexto STEAM realizado no noso centro ao longo destes últimos anos. Esta charla está relacionada coa solicitude do proxecto Erasmus + K201 "Human STEAM Lab 2.0" en colaboración con diversas institucións e centros de ensino europeos.
Ligazóns Física e Química
Enviado por Anónimo o Lun, 05/05/2008 - 18:45Ligazóns relacionadas coa Física e Química
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2016/10/09/ciencia-gallega-recuerda-padre-quimica-organica/0003_201610G9P27991.htm
Aquí podes atopar algunhas ligazóns de interese:
Formulación e Nomenclatura Química Inorgánica
http://recursostic.educacion.es/newton/web/materiales_didacticos/EDAD_3eso_nomenclatura__y_formulacion/3quincena8/3q8_index.htm