Visita ao parque de Sotavento

O alumnado de 2º da ESO viaxou ata o parque eólico experimental de Sotavento os días 27 de febreiro e 12 de marzo. Grazas ao ben facer das persoas que nos guiaron na visita esta resultou de gran interese e estamos seguras de que serviu para adquirir aprendizaxes moi útiles para a vida futura dos nosos alumnos e alumnas. 

Aprenderon cuestións relativas a enerxías renovables, traballando máis a fondo sobre a solar; da cal fixeron unha práctica con placas fotovoltaicas; e a eólica, vendo "in situ" un aeroxerador desmontado comprendendo as partes que o compeñen e a función de cada unha delas e podendo entrar en aeroxeradores en funcioanmento. 

Outra parte de gran interese foi a charla sobre a regulación do precio da electricidade, dun xeito moi didáctico comprenderon a influencia de cada unha das fontes de enerxía na tarifa eléctrica e a importancia de reducir o consumo de gas tentando invertir en enerxías renovables. 

Tan interesante foi aprender sobre xeración de enerxía como sobre aforro e consumo responsable. De especial interese foi a visita da vivenda bioclimática onde esplicaron aspectos relativos á importancia da orientación, illamentos, aproveitamento da luz natural, calefacción por chan radiante, domótica...aspectos que seguro terán moi en conta cando escollan a súa vivenda.