Secretaría

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos

Faise pública a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no IES Plurilingüe As Bizocas para o curso 2013/2014.

Calendario de exames para alumnos/as con materias pendentes

No seguinte arquivo adxunto publícase o calendario de exames para alumnos que teñan materias pendentes de anos anteriores.

Oferta de prazas 2013-2014

No arquivo adxunto publícase a oferta de postos escolares do IES As Bizocas para o vindeiro curso 2013-2014, que quedaría como segue:

Aviso ao noso alumnado sobre o proceso de admisión

Despois dos cambios na normativa que regula o proceso de admisión coa recente aprobación da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, infórmase do seguinte:

Calendario de admisión, curso 2013/2014

 

Xa está publicado o calendario do proceso de admisión para o vindeiro curso 2013/2014, o prazo de presentación de solicitudes de admisión vai do 5 ao 17 de abril. Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario establecido que se achega (anexo II).

Aviso admisión alumnado 2013/2014

O día 15 de xaneiro entrou en vigor o decreto 254/2012 do 13 de decembro, que derroga as normas de admisión anteriores. O proceso de admisión, segundo o indicado pola Consellería de Cultura e Educación, non comezará ata a publicación da orde para desenvolver o antedito decreto.


Máis información premendo aquí

Bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade de apoio educativo

Convocadas axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo do Ministerio de Educación. A información sobre a convocatoria e o acceso á aplicación para cubrir a solicitude atopánse no seguinte enlace: https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO

Premendo aquí, poden acceder a toda a información sobre a convocatoria. No arquivo adxunto poden descargar a solicitude.

Información finais de curso e matrícula.

A entrega de notas será o mércores 27 de xuño ás 10:30. Non haberá transporte escolar. O alumnado de 4º deberá devolver os libros de préstamo durante a entrega de notas.


Xunto coas notas entregarase o sobre de matrícula. O prazo de matrícula remata o día 10 de xullo; neste primeiro prazo soamente se matriculará o alumnado que teña todo aprobado. O alumnado de 2º´entregará os libros de texto de préstamo no momento de formalizar a matrícula.

Alumnado admitido para o curso 2012/2013

Faise pública a relación de alumnado admitido para o curso 2012/2013:




 


 




Distribuir contido