Aviso ao noso alumnado sobre o proceso de admisión

Despois dos cambios na normativa que regula o proceso de admisión coa recente aprobación da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, infórmase do seguinte:

O alumnado que cursa estudos actualmente no IES Plurilingüe As Bizocas ten garantía de permanencia neste instituto ata rematar a ESO, pero se por calquera motivo un alumno/a ten pensado cambiar de centro escolar para o vindeiro curso 2013/2014 debe presentar a solicitude de admisión asinada polos pais nese outro centro (do 5 ao 17 de abril) e COMUNICÁRNOLO ao mesmo tempo a nós (remitindo unha copia da solicitude de admisión presentada alí) e renunciar á súa reserva de praza aquí.