Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN 2015-2016

O alumnado doutros centros educativos que desexen incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2015-2016 terán que presentar aquí, do 2 ao 23 de marzo, a súa SOLICITUDE DE ADMISIÓN debidamente cumprimentada.

 

RESERVAS DE PRAZA E SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

De acordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, infórmase do seguinte:

 

Libros de texto para o curso 2014/2015

Faise pública a listaxe de LIBROS DE TEXTO para o próximo curso 2014/2015, como poden ver no arquivo adxunto.

Recordámoslles que para aquel alumnado que non repita curso (no 2014/2015) e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros, poden solicitar unha AXUDA para a adquisición de libros de texto (cando fagan a matrícula). As novidades da convocatoria deste ano son:

Entrega de notas e prazo de matrícula

A entrega de notas da avaliación final será o mércores 25 de xuño ás 11.00. Non haberá transporte escolar.

Para o alumnado que aprobe tódalas materias en xuño, o prazo de matrícula comezará o día 25 e remata o 10 de xullo. Xunto co boletín de notas entregaráselle o sobre de matrícula do curso correspondente. Así mesmo, xunto coa matrícula poden presentar a solicitude de axuda para libros de texto, se cumpren os requisitos para ser beneficiarios.

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2014/2015

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido no IES Plurilingüe As Bizocas para o ano académico 2014/2015. Poden consultalas, clasificadas por cursos, nos arquivos adxuntos que se acompañan a esta entrada.

Alumnado admitido para o ano 2014/2015: listaxes provisionais

Fanse públicas as listaxes PROVISIONAIS de alumnado admitido no IES Plurilingüe As Bizocas para o ano 2014/2015. Poden consultalas, clasificadas por cursos, nos arquivos adxuntos que se acompañan a esta entrada. Poderanse formular reclamacións contra estas listaxes ata o 28 de abril, ante o consello escolar.


Lémbrase que as listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido publicaranse antes do 15 de maio.

VACANTES ADMISIÓN CURSO 2014/2015

No adxunto poden consultar as prazas vacantes para o próximo curso e os formularios de admisión. O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo. O formulario de admisión debe ser cuberto na súa totalidade, incluíndo a prebaremación, e asinado por ámbolos dous proxenitores, no caso de que estén separados legalmente.


Lémbraselles que se xa fixeron reserva de praza nun centro, e presentan solicitude de admisión para outro, perderán o dereito de prioridade.

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN CURSO 2014/2015

No documento adxunto poden atopar toda a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso. Para calquera aclaración poden chamar ao centro en horario de Secretaría (de 8:35 a 14:00)

Reserva de praza curso 2014-2015 (alumnado dos centros adscritos)

De acordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, infórmase de que o alumnado escolarizado en 6º curso no CEIP As Bizocas e no CEIP Valle-Inclán (centros adscritos), que desexe cursar a ESO no IES Plurilingüe As Bizocas, deberá presentar, no seu colexio de orixe, o formulario de reserva debidamente cuberto, entre o 1 e o 15 de febreiro.

Axudas para a adquisición de libros de texto 2013/2014

Xa se publicou a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material á que pode acollerse o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2013/2014.

Distribuir contido