Concesión/denegación de VALES para MATERIAL 2019/20 (para todos os cursos da ESO):

No que respecta ao vales para mercar material escolar, confírmase a Listaxe provisional publicada o 10/07/2019 (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbizocas/node/430) polo que os alumnos/as para os que se indicaba "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén son beneficiarios do vale para mercar material escolar, resultando excluídos os demais.

Estes vales ENTREGARÁNSELLE ao alumnado beneficiario durante o primeiro día de clase, o luns 16 de setembro, a canda o lote de libros de préstamo que lle corresponda.