Skip to Content

Francés

Departamento de Francés

Viaxe cultural a Francia

O Departamento de Francés do IES A Sangriña, en colaboración co Departamento de Francés CPI Suárez Marquier do Rosal, organizou unha viaxe didáctica a Francia, en abril deste curso 2018-2019, na que participou alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º de Bacharelato.

Saíron na noite do 4 de abril, durantes os dous primeiros días visitaron Bordeaux. Polo camiño pararon tamén en Poitiers e Tours, para coñecer un pouco de cada vila. E finalmente remataron en París. Levaban unha axenda ateigada de visitas ben interesantes: un percorrido nocturno pola cidade, visitaron o Museo do Louvre, a catedral de Notre-Dame, o Palais de Luxembourg, a Sorbonne, o Quartier Latin, Trocadero, a Torre Eiffel, o centro Pompidou, Montmartre, o Sacré-Coeur e demais lugares históricos e culturais, realizaron un paseo en barco polo Sena e incluso puideron pasar un día en Disneyland París. 

A primeira fotografía foi tomada en Bourdeaux, as seguintes en París.

Bourdeaux.

VIAXE CULTURAL A PARÍS

A semana pasada, do martes 10 ao domingo 15 de abril, o Departamento de Francés levou a cabo unha viaxe cultural a París.
A actividade estivo dirixida para o noso alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bach, ainda que se fixo xunto co profesorado e alumnado de 1º e 2º Bach do IES Val do Tea, de Ponteareas.
O martes día 10 chegaron ao aeroporto de Orly (París) ás 11:20h, e foron visitar o Palacio de Versailles.
Pola tarde regresaron a París para facer un percorrido nocturno pola cidade antes de ir descansar ao hotel.
O mércores dedicárono a visitar a Place de la Concorde, a Opéra Garnier, a Place Vendôme, as Galeries Lafayette, o Xardín des Tuileries e o Arc du Carrousel. Antes da hora do xantar foron ao Musée du Louvre. Pola tarde tocou a Catedral de Notre-Dame e o Palais de Luxembourg.
O xoves coñeceron o Arc du Triomphe, o Trocadéro, a Tour Eiffel, os Champs de Mars, foron en barco polo río Sena e finalmente visita a Montmartre.

Intercambio con Francia, 2015

07/04/2015 09:00
14/04/2015 09:00
Etc/GMT+1

Bienvenue!

Quince estudantes do Collège Boris Vian de Dunkerque compartirán connosco 7 días de actividades culturais, deportivas e lingüísticas, no marco dun intercambio escolar.

No día de onte franceses e guardeses gozaron da súa primeira visita xuntos, nas illas Cíes.

 

Bon séjour à tous!

Intercambio de 3º ESO co Collège Boris Vian. Dunkerque

Do 12 o 19 de novembro nove alumnos da Guarda de 3º ESO participarán nun intercambio co Collège Boris Vian en Coudekerque-Branche, Dunkerque. Este proxecto pertence o programa de intercambios internacionais Comenius.

web do centro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut