Skip to Content

ESO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

As solicitudes recóllense en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro.

As solicitudes tamén poderán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

PRAZO: do 20/5/2023 ao 21/6/2023.

Máis información nos adxuntos. Imporante ler a circular adxunta.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA E.S.O.

Proximamente abrirá o prazo para participar na convocatoria dos premios extraordinarios de ESO para o curso 2022-2023 da Xunta de Galicia. 

Pode optar a eles o alumnado que teña unha nota media igual ou superior a 9 en toda a ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023. 

Concederanse vinte premios cunha dotación de 1.000 euros.

Máis información aquí: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1542

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut