Skip to Content

Premios ou recoñecementos

Premios recibidos polo centro

María González Flores, alumna do IES A Sangriña, Premio Extraordinario de Bacharelato de Galicia

Maria González Flores, alumna do centro, acaba de recibir o Premio Extraordinario de Bacharelato 2010-2011, outorgado pola Consellería de Educación a vinte alumnos e alumnas de Galicia.
Trátase dun importante recoñecemento ao esforzo, á formación e á valía persoal dos estudantes galardoados. Noraboa.

Máis información na páxina da Consellería

Carmen López e Francisco Vergara obtiveron un premio de innovación educativa

Os profesores de matemáticas Carmen López, como coordinadora, e Francisco Vergara, como participante, obtiveron un terceiro premio de innovación educativa da Xunta de Galicia, dentro da modalidade A, fomento do plurilingüismo, co traballo: Figuras planas, perímetros y áreas.

Xaneiro 2011.

Premio GaliciaSkills

Somos Comenius

O pasado xoves 28 de xaneiro de 2010, o IES A Sangriña foi seleccionado para participar no acto de entrega das placas “Somos Comenius” organizado polo OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos) e pola Unidade de Programas Europeos da Consellería de Educación.

O acto, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, estivo presidido pola Directora de Comenius en España, Mª Dolores López Mollo, que informou sobre as novidades do programa.

Jorge Dorado González, de 2º B de Bacharelato, foi convocado pola Consellería para representar ao grupo de Comenius Bilateral con Dinamarca do IES A Sangriña cunha disertación sobre os beneficios que reporta aos estudantes a participación nos intercambios.

Distribuir contido


by Dr. Radut