Skip to Content

Xornadas Software Libre

Xornadas Software Libre (SSL)

Ponencia de Isabel Cabaleiro: Writer vs. Word

O luns 23 de marzo Isabel Cabaleiro impartíu o Seminario: Writer vs Word, destacando as vantaxes do primeiro programa frente ó segundo.

Recordatorio de horarios de próximos seminarios:

- Luns 30 de marzo ás 15 horas: Seminario do Calc impartido por Isabel Cabaleiro.

- Mércores 1 de abril ás 15 horas: Seminario do Impress impartido por Isabel Cabaleiro.

- Luns 20 de abril ás 15 horas: Seminario do Gimp impartido por Susana Muíños

- Luns 27 de abril ás 15 horas: Seminario do Inkscape impartido por Susana Muíños.

- Luns 18 de maio as 15:00 horas: Seminario de Instalación e configuración dunha distribución GNU/Linux: Galinux. Impartido por Luis Alberto Lorenzo, Moisés Gómez, Jose Luis Vázquez e Ricardo Veiga.

Ponencia de Patricia González: Navegador Firefox

Patricia González impartíu hoxe, luns 16 de marzo, o seu seminario sobre o navegador gratuito Mozilla Firefox. Continuando así coas Xornadas do Software Libre no IES A Sangriña. Eventos que pretenden dar a coñecer e difundir as bondades de sistemas operativos, navegadores e programas open source.

Ponencia de Ricardo Veiga: "Paseo comparativo entre Windows e Linux"

 

 

Dentro das Xornadas do Software Libre que se están a celebrar nestas datas no IES A Sangriña. Ricardo Veiga impartíu onte, luns 9 de marzo, a primeira charla sobre as avantaxes do sistema operativo Linux. A convocatoria despertou o interese tanto de alumn@s como profesores e resultou instructiva e amena.

Xornadas do Software Libre (SSL)

06/03/2009 00:00
13/03/2009 20:00
Etc/GMT+2
Datas
No IES A Sangriña,
organízanse unhas Xornadas de Difusión do Software Libre, nas que se
desenvolverán diferentes actividades a partires do día 2 de marzo de
2009.
Lugar

As actividades da SSL terán lugar no IES A Sangriña de A Guarda.
Actividades
Conferencias
02/03/09 “O software libre e as súas posibilidades”
Conferencia sobre o SW Libre polo profesor Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte.
Salón de Actos, hora
04/03/09 “O software libre na empresa”
Conferencia
sobre as posibilidades que ofrece o Software libre no mundo
empresarial, as posibilidades de empleo que xera, as posibilidades de
negocio, vantaxes do seu uso nas PEMEs e o software dispoñible. Estará
impartida por mancomun.org, o
centro de referencia e servizos de software libre que aposta
decididamente pola implantación do Software Libre en Galiza con catro
obxectivos principais:

1. Facilitar o desenvolvemento industrial e innovador da PEME do sector TIC en Galicia
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
4. Impulsar a utilización de estándares abertos para acadar a independencia tecnolóxica.
Salón de actos, 12:20h a 14:00h.

Seminarios
  • Seminario de demostración do funcionamento do programa Gimp, por Susana Muíños

    • Gimp é un programa libre e de balde, de
      edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como
      fotografías. Os contidos a desenvolver abarcarán os seguintes
      obxectivos:

      • Diferenciar entre unha imaxe bitmap e unha imaxe vectorial

      • Introducir ós asistentes ó manexo básico das ferramentas do Gimp

      • Realizar un exercicio práctico co Gimp

      • Visualizar diferentes exemplos de imaxes elaboradas co programa e apreciar as súas posibilidades

  • Seminario de demostración do funcionamento do programa Inkscape, por Susana Muíños

    • Inkscape é unha ferramenta de debuxo
      libre e de balde para gráficos vectoriais SVG. Os contidos a
      desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Diferenciar entre unha imaxe vectorial e unha imaxe bitmap

      • Introducción ó uso das ferramentas do Inkscape

      • Realización dun exercicio básico co Inkscape

      • Visualización de diferentes gráficos deseñados co Inkscape e apreciación das súas posibilidades

  • Seminario Writer vs Word, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Writer é o procesador de textos de
      OpenOffice.org, unha completa ferramenta para o deseño de documentos,
      publicación directa dos traballos en formato PDF, compatibilidade con
      outros procesadores de textos como o Microsoft Word,... e por un prezo
      moi razonable: 0€. Os contidos a desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Xerar documentos empregando o programa Writer que inclúan diversos obxectos.

      • Xeración de plantillas e estilos personalizados.

      • Enfrontar a funcionalidade de Writer vs Word.

  • Seminario Impress vs PowerPoint, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Impress é o programa de presentacións da
      suite OpenOffice.org. Unha presentación é unha serie de diapositivas ou
      transparencias que se proxectan sobre unha pantalla para servir de
      apoio visual a unha charla ou conferencia, á presentación dun produto
      comercial, etc. Impress permite crear presentacións en formato dixital que se proxectan directamente desde un ordenador por medio dun
      proxector dixital. É compatible con Microsoft Powerpoint. Os contidos a
      desenvolver abarcarán os seguintes obxectivos:

      • Xerar presentacións empregando o programa Impress que inclúan diversos obxectos e animacións.

      • Persoalizar a presentación incluíndo transiccións, subpresentacións e notas do orador.

      • Xerar patróns base para diapositivas e plantillas.

      • Enfrontar a funcionalidade de Impress vs Powerpoint.

  • Seminario Calc vs Excel, por Isabel Martínez Cabaleiro

    • Calc é a folla de cálculo de
      OpenOffice.org. Trátase dunha aplicación que permite realizar
      facilmente cálculos numéricos complexos, táboas, xeración de gráficas, compatibilidade con outras follas de cálculo como Microsoft Excel,
      publicación en formato PDF,... Os contidos a desenvolver abarcarán os
      seguintes obxectivos:

      • Xerar follas de cálculo empregando o programa Calc que aporta funcións matemáticas, trigonométricas, estatítiscas,...

      • Xeración de gráficas diversas.

      • Xerar plantillas para facturas, pedidos, ...

      • Enfrontar a funcionalidade de Calc vs Excel.

  • Seminario de comparación do navegador Firefox co Iexplorer, por Patricia González

    • Ó seguimento por Internet de enlaces web
      dunha páxina noutra, se lle chama navegación; e é o que orixina o nome
      de navegador. Polo tanto un navegador é un programa utilizado para
      visualiza-los contidos web das páxinas que se visitan por Internet. Os
      contidos a desenvolver serán os seguintes:

      • Principais diferenzas entre o Mozilla Firefox e o Internet Explorer

      • Menú Ferramentas: opcións de configuración

      • Certificados: onde se instalan, opcións de exportación-importación, entidades certificadoras.

      • Complementos dos navegadores

      • Acceso a páxinas Web seguras

  • Paseo comparativo entre Windows e Linux, por Ricardo Veiga

    • Preténdese facer unha introdución a
      estes dous sistemas operativos e amosando como se poden realiza-las
      tarefas máis habituais con calquera deles. Para elo, se presentarán as
      características e funcionalidades básicas que comunmente necesita coñecer calquera usuario/a dun ordenador:

      • O Escritorio

      • O panel de control

      • A estrutura de carpetas e ficheiros

      • A instalación de programas e dispositivos


  • Demostración práctica da instalación e
    configuración básica dunha distribución Linux, por Luis Alberto
    Lorenzo, Moisés Gómez e Ricardo Veiga

    • Linux é un sistema operativo aberto,
      e polo tanto, está dispoñible para que calquera persoa poida
      estudia-lo, usa-lo, modifica-lo e redistribuí-lo. Baséase pois na utilización de filosofías e metodoloxías libres que dan lugar a
      proxectos libres e non libres, así como a productos gratuítos ou non.
      Trátase de facer unha primeira aproximación ó sistema operativo Linux
      que permita realizar unha instalación sobre un equipo con Windows
      preinstalado (ou non), utilizando un sistema con particións e un xestor
      de arranque, e a posterior configuración básica dese sistema. Unha distribución de GNU/Linux é
      unha variante dese sistema operativo que incorpora determinados
      paquetes de software para satisface-las necesidades dun grupo específico de usuarios/as, dando así orixe a edicións para o fogar,
      empresariais e para servidores. Poden ser exclusivamente de software
      libre
      ou tamén incorporar aplicacións ou controladores privativos.

      • "party linux"

Actividade adicada á instalación dunha distribución Linux e Software Libre nos equipos persoais dos participantes co apoio dos profesores e profesoras colaboradores da SSL.
O/A participante achegará o seu equipo ao centro, onde habilitaremos unha aula para o desenrolo da actividade. O equipo pode ser portátil ou de sobremesa, neste último caso, a organización facilitará os periféricos necesarios.
Para aquelas persoas que desexen participar e non dipoñan de equipo persoal propio, a organización, na medida do posible, facilitarálle un equipo para a realización da actividade.
Crearanse quendas de traballo en horario non lectivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut