Skip to Content

Taboleiro

Espazos esquecidos

Hai lugares da nosa vila que moitas veces quedan abandonados e condenados ao esquecemento, mais, en moitas ocasións, estes espazos gardan a nosa memoria.
Unha alumna do noso centro, Carla Vizoso, intenta recoller espazos e tradicións guardesas, lembralos e difundilos a través do seu blog No punto de mira. Convidámosvos a ler a pequena reportaxe que lle dedicou ao colexio dos Xesuítas da Pasaxe, reportaxe que nos permite asomarnos a este destacado edificio, hoxe tristemente en ruínas.

Reunión do alumnado interesado no Equipo de Normalización da lingua galega

Reportaxe da Gala de Fin de curso de 2º de Bacharelato

No mes de xuño tivo lugar a Gala de Fin de Curso do alumnado de 2º de bacharelato.

Paga a pena ler os emotivos discursos do alumno e alumnas: Álvaro, Ana Flores, Tania e Lara e as verbas adicadas ó seu profesorado.

Xuño 2010
  

Reportaxe do Tesouro dos nosos avós na Residencia Monte Tegra

O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.

Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.

No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.

Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.

Para informarse con máis detalle sobre O TESOURO DOS NOSOS AVÓS podedes consultar a web do IES A Sangriña ou o blog: http://tesourosdosavos.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut