Skip to Content

Normalización Lingüística

Performance en contra da violencia machista do Grupo de teatro do Falabarato

O venres 13 de novembro na Casa da Cultura da Guarda tipo lugar a seguinte performance do grupo de teatro do IES tamen coñecido como o Falabarato, dentro do mes adicado a evidenciar e loitar contra a violencia machista.

Tesouros da Guarda. Pablo Lomba Riego

Información da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística enviámosvos en arquivo anexo (tamén en http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf) un tríptico informativo que poñemos á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.

O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE (no arquivo anexo podedes consultar a nosa carta-presentación).

Como podemos distribuír o tríptico nos centros?

- Os ENDL poden facelo chegar ás casas da maneira que consideren máis oportuna en cada centro. Aconsellamos seguir o camiño de varias coordinadoras comarcais que xa están compartindo custes na súa edición e contactando con institucións e asociacións. Pasamos a listaxe de contactos comarcais.

Costa da Morte: tarauxo@edu.xunta.es

A Coruña: mxgonz@edu.xunta.es/ lvsegade@edu.xunta.es    
O Morrazo: bescariz@edu.xunta.es
A Mariña: peque@edu.xunta.es
Pontevedra: aferrer@edu.xunta.es
Tabeirós: selma@edu.xunta.es
Santiago: xepetorres@gmail.com
Salnés: xabicambasanmartin@edu.xunta.es
Melide: pacoveiga@edu.xunta.es
Terras do Umia: xxconstenla@edu.xunta.es
O Carballiño: beafer17@hotmail.com
Barbanza: lorenapf@edu.xunta.es
CNL FEREGA: rcatoira@mundo-r.com
O Barco: chusrf@edu.xunta.es
Baixo Miño: mgcasas@edu.xunta.es
Deza: via@edu.xunta.es
Baixa Limia: btesta@edu.xunta.es
Ferrolterra: cequipnormalizacion@gmail.com
Leixaprén (Muros,Noia, Outes, Lousame...): gomez@edu.xunta.es

- Incluír nas revistas escolares que faltan por saír, tanto como folletos encartados como nas súas páxinas, e difundir a través dos blogs e páxinas webs dos equipos de normalización e centros.

- Distribución de rúa nos concellos (bibliotecas, auditorios, casas de cultura, OMIX....).

Para solicitar axuda, achegar calquera dúbida ou proposta ou informar de calquera problema non dubidedes en dirixirvos a correo@coordinadoarendl.org

Lembrade que podedes seguir adheríndovos como docentes, e animar a outros/as compañeiros/as a sumarse, ao manifesto da CGENDL en: http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

Para facelo como ENDL: http://www.coordinadoraendl.org/equipos.php

Posicionamento sobre a consulta da Xunta sobre o uso do galego nos centros

Enviamos o texto consensuado entre as organizacións abaixo asinantes sobre a
posición que mantemos en relación á consulta que a Consellaría de Educación
e Ordenación Universitaria vai realizar nos centros educativos para determinar o uso do galego, coa intención de  que lle transmitades como vexades máis efectivo  ( equipo directivo, equipo de normalización de dinamización lingüística, titor...) á  comunidade educativa, especialmente pais, nais e tutores legais, a nosa posición en referencia ao rigor metodolóxico e certas garantías para a intimidade dos datos persoais, así como coa intención de aclarar o que significa marcar unha ou outra casa no inquérito.
Prégase a difusión deste escrito ao equipo directivo, profesorado, consello escolar e ANPA. Grazas.
------------------

As organizacións abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”, pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluir no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités,  Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, NEG (Nova Escola Galega), STEG (Sindicato dos/as traballadores/as do Ensino de Galicia), Federación de ANPAS de Ferrolterra.

Distribuir contido


by Dr. Radut