Skip to Content

"Ecolinguística. As línguas como património da humanidade esquecido"

08/01/2016 12:00
Etc/GMT+1

A escritora e profesora Teresa Moure impartiu hoxe no noso centro unha charla sobre Ecolingüística, na que nos presentou esta nova perspectiva ecoloxista aplicada á relación entre lingua e visión do mundo, o concepto de lingua, a unidade e a diversidade lingüística e a morte das linguas.

As linguas son parte do noso patrimonio, e forman parte do medio ao que pertencemos. Parece un principio ético, por riba de calquera ideoloxía, coidalas e respectalas. En palabras de Teresa Moure, "a lingua é a masa do pensamento", isto é, cada lingua reflicte unha forma de ver o mundo. Se unha lingua morre, todos perdemos.

Explicounos que o brutal impacto do imperialismo e a colonización no ritmo de desaparición da biodiversidade ten o seu correlato no ámbito cultural e lingüístico. Reflexionou sobre a morte (ou "asasinato") das linguas, en xeral, e sobre o caso do galego, en particular, e a este respecto opinou que cómpre buscar unha nova estratexia de defensa do galego, mirando máis cara ao sur.



event | by Dr. Radut