Skip to Content

ACTO DE PRESENTACIÓN DOS CALENDARIOS COMPETENCIAIS NO IES A SANGRIÑA

  A Deputación Provincial de Pontevedra escolleu ao IES A Sangriña para a celebracioón do acto de presentación dos Calendarios Competenciais deseñados para o alumnado de secundaria dos centros da provincia. O acto tivo lugar no Salón de Actos do centro de 12:20 a 13:10 hrs e contou coa presencia da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e da autora dos Calendarios Competenciais, Teresa Dominguez . Asemade asistiu ao evento o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba.

 Teresa Domínguez, premio Nacional de Educación, exdirectora do CRA Mestra Clara Torres de Tui e doutora en Psicopedagoxía,  é a creadora dos Calendarios Competenciais promovidos pola Deputación de Pontevedra, que teñen a  finalidade de fomentar as capacidades e o pensamento crítico das crianzas e xoves da provincia a través de actividades que buscan desenvolver competencias e mobilizar actitudes en temas trasnversais como Igualdade, Educación Medioambiental, Educación Cívica, etc.
 
  A Deputación de Pontevedra edita agora, co  asesoramento e colaboración de Teresa Domínguez, a sétima edición dos calendarios competenciais para o ano 2023 dirixidos ao alumnado de infantil e de primaria e ás súas familias, ademais da terceira edición dos calendarios para o ensino secundario. Este material didáctico recolle unha serie de imaxinativas propostas de aprendizaxe e actividades centradas nas competencias educativas establecidas. Ademais, inclúense outras suxestións para facer en familia e fóra do horario lectivo, coma recomendacións de lectura ou de cine, e tamén propostas para visitar lugares con encanto na provincia de Pontevedra. Outra das características deste proxecto é a súa contribución á visibilización das mulleres en distintos ámbitos.

   Achegámovos o link coa web da Deputación de Pontevedra onde está dispoñible a gravación íntegra do evento: 

https://www.youtube.com/watch?v=onaEFiqmLWA



story | by Dr. Radut