Skip to Content

BERTA DÁVILA NO CLUB DE LECTURA “NA RAIA”

  Este luns6 de xuño o Club de Lectura “Na raia” (3º e 4º de ESO) reuniuse na Bibliotrega para falar de Un elefante na sala de estar de Berta Dávila (Xerais), que foi Premio Jules Verne 2021. Tivemos a inmensa sorte de que a autora nos acompañase e nos falase do proceso creativo, da documentación e das ideas que quería plasmar e que, constatamos, conseguiu de longo.

  O punto de partida da novela é a morte por suicidio de Rosa, que acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia as persoas que formaron parte do seu círculo de relacións toman a palabra para relatar o primeiro ano de loito. Así, as distintas personaxes van relatando quen era Rosa, que papel xogou cada unha delas na súa vida, cales son as contradicións do dó, e de que maneira afronta cada quen a dor, a culpa e o estigma social.

   Pese ao que poida parecer, é unha novela que fala da supervivencia, do acompañamento e dos coidados. Pasamos un tempo fantástico descubrindo como a literatura nos fai empatizar cos personaxes e descubrir as luces e as sombras propias e alleas. Aprendimos moito de nós mesmas lendo o libro e compartindo con Berta.

  Ademais pedímoslle que nos recomendara libros para ler no verán e xa aproveitamos para buscalos na Biblioteca e poder ir empezando. Graciñas, Berta, por todo.

   Aínda faremos unha lectura máis este curso, pero quedamos emprazadas para o vindeiro.

   Bo verán lector a toda a comunidade educativa!



story | by Dr. Radut