Skip to Content

ADÍANSE ATA O VERÁN AS OBRAS DE SUSBTITUCIÓN DA CUBERTA DO IES A SANGRIÑA

 

   Logo de ser enviados sendos comunicados por parte do Claustro e do Consello Escolar do IES A Sangriña, segundo acordo tomado nas sesións extraordinarias de cada órgano celebradas con carácter urxentísimo o mércores 12 de xaneiro e onde se instaba á Xefatura Territorial da CECU de Pontevedra e á Dirección Técnica da obra a tomar unha posición determinante en relación aos graves problemas derivados da intervención para a substitución da cuberta do tellado por parte da empresa adxudicataria da obra promovida pola CECU, Demain SLesta mañá ás 12:00 hrs. sostívose unha reuníon no Salón de Actos do centro na que estiveron presentes:


1. O Xefe Territorial da CECU en Pontevedra, César A. Ares.
2. A dirección técnica da obra: a Arquitecta Xefe e a Directora Executiva.
3. O Inspector da zona.
4. Representantes da ANPA e da representación de pais/nais do Consello Escolar do IES A Sangriña.
5. Os representantes da empresa adxudicataria das obras, Demain SL.
6. A Dirección do centro.

Na reunión acordáronse os seguintes puntos:

1. Adíase o comezo da segunda fase da obra (susbstitución da cuberta da ala norte do edificio) ata inicio das vacacións de verán na espera do remate do período lectivo do presente curso 21-22.

2. O remate da actual fase das obras (ala sur e corredor de enlace) cunha previsión temporal de execución de arredor de quince días a partir do presente. 

3. O devandito remate das obras non comporta a realización de tarefas ou procedementos "pesados" ou perigosos (tipo descarga de material con grúas de gran tonaxe ou tarefas de perforación) polo que a seguridade dos/as usuarios/a do edificio está plenamente garantida.

 
4. Tanto a Xefatura Territorial da CECU, xunto coa dirección técnica da obra e a dirección da empresa adxudicataria establecen como máxima prioridade a seguridade dos usuarios/as do centro mentras as devanditas tarefas de remate da presente fase non finalicen.


A Guarda a 17 de xaneiro de 2022

A Dirección.



story | by Dr. Radut