Skip to Content

O alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas presenta os Proxectos de fin de Ciclo

O día 17 do pasado mes de marzo tivo lugar a presentación dos proxectos de fin de ciclo por parte dos alumnos de 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

Nestes traballos, realizados en grupos de entre 3 e 4 membros, preséntase e desenvólvese unha idea de negocio baseada non só na iniciativa persoal dos creadores senón tamén en datos obxectivos recadados a través de entrevistas, enquisas a través de plataformas web, informes económicos etc. Este proxecto supón a integración nun documento único e orixinal de todos os coñecementos, destrezas e experiencias adquiridos ao longo dos dous cursos do ciclo.

Os plans de empresa baseábanse nos seguintes negocios:

  • “Sala Jean”: creación dun salón recreativo e sala de bingo na Guarda.
  • “AllCars”: empresa dedicada á venda de coches usados procedentes de subastas e flotas, tamén na Guarda.
  • “Good Vibes”: é un tenda de produtos e xoguetes eróticos en Tomiño, tamén con venda online.
  • “Enxebre gran a gran”: aposta pola venda a granel de produtos alimenticios e de droguería para fomentar o consumo suficiente e o non uso de plásticos desbotables. Situada en Tui.
  • “Smoöy A Guarda”: franquicia da coñecida tenda de iogures xeados. 

Actuou como coordinador-titor o profesor J. Carlos López Pazos acompañado polos demais membros do equipo docente do grupo.

Tamén asistiron ao acto de presentación o resto de profesores do Departamento de Administración e Finanzas así como alumnos de 1º curso que tomaron boa nota e que a bo seguro lles ha inspirar para o próximo curso.



story | by Dr. Radut