![IES a Sangriña campión da Copa Coca-Cola IES a Sangriña campión da Copa Coca-Cola](system/files/u1/salinas.jpg)
O equipo de fútbol do Instituto proclamouse en Vigo campión da Copa Coca-Cola despois de derrotar na final ao IES Beade. Será o representante da provincia na fase final nacional que se celebrará en Sevilla do 31 de maio ao 3 de xuño.
A xornada futbolística contou ca presenza do ex-xogador internacional Julio Salinas quen, ademais de entregar os premios, impartiu sobre o terreo de xogo unha lección de fútbol.
Para completar os éxitos da xornada para o IES A Sangriña, Jaro Videira García, o porteiro do equipo foi elixido mellor porteiro.
Dende estas páxinas damos os parabéns a estes campións e desexámoslles que teñan éxito en Sevilla.
Febreiro 2008