Skip to Content

Entrega de premios do concurso Relatea

21/06/2017 10:00
Etc/GMT+1
Este ano, desde a Bibliotrega do Miño do noso centro IES A Sangriña colaboramos co centro educativo San Xerome de A Guarda, organizando unha sesión semanal na biblioteca poñendo en marcha a actividade RELATEA que consiste en que o alumnado do noso centro educativo elaboraban relatos que logo depositaban nunha caixa moi especial que dicía " Deixa aquí os teus relatos para compartir cos nosos compañeiros de San Xerome"
As usuarias e os usuarios de San Xerome escolleron aqueles relatos que lles espertaron máis interese e emoción. Foron tantos os textos creados polo noso alumnado que, os nosos colaboradores de San Xerome se atoparon na obriga de escoller seis escritos pola súa calidade e intención.
O día 21 de xuño celebramos un acto no Centro San Xerome onde as seis persoas premiadas do IES A Sangriña, a saber, Blas Alonso, Néstor Lomba, Vega Inés Farias, David Mariño, Iván Justo e Hugo Rodríguez, leron os seus relatos e foron premiados cunha actividade de descenso en piragua ofrecida polo Departamento de Educación Física, un agasallo elaborado polos usuarios do centro San Xerome e un vale agasallo da Biblioteca do centro para trocar por material de lectura. Foi unha actividade moi gratificante polo que supón de integración e colaboración entre os dous centros.
Desde a Bibliotrega do Miño queremos agradecer a Patricia e a todos os profesionais do centro San Xerome e ao seu alumnado a súa colaboración e xenerosidade. 


event | by Dr. Radut