Skip to Content

Contacontos na biblioteca

09/12/2016 10:15
Etc/GMT+1

As tesoiras de Matisse e Pintores foron os contos que escolleu o equipo de biblioteca para a sesión de contacontos á que asisitiron tres grupos de infantil do CEIP A Sangriña, sesión que levou a avezada contacontos Beatriz Núñez, e na que o noso alumnado de 1º de ESO actuou como anfitrión.

O alumnado de infantil obsequiounos cun adorno de Nadal que colgamos na nosa árbore.

Trátase da primeira actividade conxunta das bibliotecas do noso centro e o CEIP A Sangriña. Esperemos que sexa a primeira de moitas!

 

alumnado de infantil sentado durante o conto



event | by Dr. Radut