Skip to Content

Conto das Três Nozes que eram romãs

15/04/2016 18:30
15/04/2016 19:30
Etc/GMT+1
O pasado venres 15 de abril, o Grupo Amador de Teatro Eu.Experimento do Camões-Centro Cultural Português em Vigo, representou o Conto das Três Nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram... dirixido por Vanesa Sotelo. O Departamento de Portugués do noso instituto, xunto coa Concellería de Cultura e o Instituto Camões foron os organizadores desta actividade cultural que foi recibida con entusiasmo por un numeroso e diverso público, onde destacaba a elevada presenza de nenos e nenas, que seguiron de maneira moi activa o xogo teatral. Obviamente, tamén asistiron moitas persoas do IES A Sangriña. Esperamos poder seguir ofrecendo este tipo de propostas culturais dirixidas á xente da nosa contorna interesada en aproximarse e mergullarse na riqueza lingüística e cultural da lusofonía.
 


event | by Dr. Radut