Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Marzo 10, 2017 »
Ven

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

A semana pasada tivo lugar a excursión de fin de curso do alumnado de segundo curso de Automoción.

O xoves 9 desprazáronse á localidade suíza de Lausana (Lausanne en francés, Losena en arpitano) para visitar a Universidade da devandita localidade e un taller de reparación onde un antigo alumno do centro está a desenvolver o seu traballo. Tamén puideron coñecer a cidade e oír o órgano da catedral, lugar máxico de grande interese cultural.

O venres 10 a excursión tivo a oportunidade de visitar o centro de FP de Xenebra, onde o director do centro educativo e a Directora Xeral de Formación de Suíza acudiron co grupo explicando o funcionamiento interno dun centro de FP suízo, actividade que resultou moi motivadora para as persoas participantes.

Por último, o sábado 11 o grupo de automoción visitou o Salón de Xenebra, salón que viña cargado de grandes novidades técnicas e de presentacións de novos vehículos, e onde o noso alumnado puido gozar de primeira man de diversos vehículos.

Start: 10/03/2017 00:10
End: 10/03/2017 13:10

O venres pasado tiveron lugar a quinta e sexta sesións do proxecto de Contos do mundo que estamos a levar a cabo co noso veciño CEIP A Sangriña.

O alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado da profesora Marisa Guerra, faloulles de Cuba e as súas narracións a rapazas e rapaces de 5º de Primaria; e o grupo de 2º de ESO B, xunto co profesor Juanra Torres, representarnon unha pequena obra de teatro chamada "Una momia muy responsable".

A continuación, tendes imaxes de ambas posta en escena, cedidas polo CEIP. Sempre podedes ampliar información no seu blog de biblioteca, BiblioPepiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut