Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
Start: 27/04/2015 16:00
End: 27/04/2015 16:50
O próximo luns 27 de abril ás 16:00 o IES A Sangriña de A Guarda acollerá unha charla sobre o proxecto europeo Comenius “My community and history in OpenStreetMap” a cargo dos profesores Madalina Jonescu (Romanía) e Manfred Reiter (Alemaña),coordinadores do proxecto. “My community and history in OpenStreetMap” vense desenvolvendo dende o ano 2013 coa participación de Alemaña, Reino Unido, Turquía, Romanía e España, e entre os seus obxectivos está o de “mapear” as zonas de interés de cada comunidade, incluíndo non só datos xeográficos, senón tamén históricos e culturais. Nos últimos días o alumnado do IES A Sangriña realizou o “mapeo” do Castro de Santa Tegra e o Via Crucis en colaboración con alumnado procedente das localidades de Rm. Vâlcea (Romanía) e Saarburg (Alemaña), que están a visitar a nosa comunidade. A charla abordará ademais temas como a labor do equipo humanitario HOT do proxecto en crises recentes como a do ébola en África Occidental. | 28
| 29
| 30
| 1
| 2
| 3
|