Novas

Expedición de títulos e certificacións académicas

Títulos

  • A solicitude dos títulos faise na oficina.
  • Cómpre aboar as taxas de expedición de títulos. O impreso recóllese na Conserxaría.
  • As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
  • Os títulos de A2 e B1 son gratuítos e recóllense na oficina.

Taxas

Título/Tarifas (en euros) Tarifa normal Familia numerosa categoría xeral Familia numerosa categoría especial Duplicado
Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE) 25'40 12'72 0 2'50
Certificado de nivel avanzado de idiomas (LOXSE) 24,14 12,09 0 2,38

 

Certificacións académicas

A solicitude de certificacións académicas farase a través do correo electrónico secretaria@eoilugo.gal achegando unha copia do DNI ou NIE do solicitante ou ben presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.

Novidade: Taboleiro virtual


 

Novas datas para as probas de certificación inglés e galego da quenda libre

Novas datas para as probas de certificación de inglés e galego da quenda libre dos niveis B2 e C1, que quedaran adiadas.

As datas das probas escritas son (premer no idioma correspondente):

 

O alumnado afectado que non poida realizar as probas nas novas datas establecidas poderá renunciar á matricula e solicitar a devolución das taxas aboadas. O último día para formalizar esta renuncia será o 26 de outubro.

Datas de inicio das clases

 

 

INICIO DAS CLASES 2020-21

 

 

Nivel A1 (alemán, chinés, francés, inglés, italiano)

Nivel A1-A2 (francés, italiano) 

Nivel A2 (portugués e galego)

 

As clases comezarán a partir do 26 de outubro, no horario habitual.

 

 

Resto de niveis

 

IDIOMA

DATA DE INICIO

Alemán

venres 16 de outubro

Chinés

xoves 15 de outubro

Francés

martes 20 de outubro

Galego

mércores 21 de outubro

Inglés

xoves 22 de outubro

Italiano

xoves 15 de outubro

Portugués

luns 19 de outubro

 

 

IMPORTANTE

 

Os grupos comezarán na primeira clase que teñan no seu horario a partir do día indicado arriba.

 

Por exemplo: 

PO-A2-1 ten clase os luns e mércores, polo que as clases comezarán o día 19, luns.

IT-A2-2 ten clase os martes e venres, polo que as clases comezarán o día 16, venres

FR-B1-3 ten clase os martes e xoves, polo que as clases comezarán o día 20, martes.

 

 

Para saber as datas de inicio dos cursos CELGA e monográficos, prema aquí. 

 

Datas de inicio dos cursos monográficos e CELGA

Galego

 

 

Celga-2 1º cuadrimestre (60 horas. Martes e xoves de 20:00 a 22:00)

Día inicio: 20 de outubro

 

Celga-3 1º cuadrimestre (60 horas. Luns e mércores de 20:00 a 22:00)

Día inicio: 14 de outubro

 

Celga-4 1º cuadrimestre (60 horas. Martes e xoves de 20:00 a 22:00) 

Día inicio: 13 de outubro

 

Inglés

 

Monográfico Expresión oral nivel B1 1º cuadrimestre (30 horas. Luns de 11:00 a 13:00)

Día inicio: 19 de outubro

 

Monográfico Expresión oral nivel B1 1º cuadrimestre (30 horas. Mércores de 16:00 a 18:00)  

Día inicio: 21 de outubro

 

Monográfico Expresión oral nivel B2 1º cuadrimestre (30 horas. Mércores de 11:00 a 13:00)

Día inicio: 21 de outubro

 

Monográfico Expresión oral nivel B2 1º cuadrimestre (30 horas. Mércores de 16:00 a 18:00) 

Día inicio: 21 de outubro

 

Monográfico Expresión oral nivel C1 1º cuadrimestre (30 horas. Xoves de 18:00 a 20:00)  

Día inicio: 22 de outubro

 

Monográfico Expresión oral nivel C2 1º cuadrimestre (30 horas. Mércores de 18:00 a 20:00)

Día inicio: 21 de outubro 

Protocolo Covid para os exames de setembro

 

Se desexas ler a información completa, preme aquí.

Renuncias, renuncias á promoción e reclamacións

Renuncias

Para renunciar, descargar aquí o impreso de renuncia e envialo xunto co DNI escaneado a secretaria@eoilugo.gal

  1. O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula no curso 2019-2020 ata o 30 de xuño de 2020.
  2. A mencionada renuncia non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente.
  3. O alumnado que renuncie á matrícula nestas circunstancias e desexe continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas como alumno/a oficial no curso 2020-2021, no mesmo curso e nivel en que estivera matriculado, non deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, senón que deberá matricularse do 29 de xuño ao 7 de xullo seguindo as instrucións da Circular de matrícula do curso 2020-2021 (pendente de publicación.
  4. Esta renuncia non suporá a devolución das taxas de matrícula aboadas.

Renuncias á promoción

O alumnado que non estea conforme coa proposta de promoción poderá optar por repetir o curso no que estaba matriculado no 2019-2020. Para isto deberá asinar o documento de renuncia á promoción no prazo de 3 días hábiles dende a publicación da súa cualificación.

Reclamacións

O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación poderá presentar unha reclamación a través desta instancia perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar

Distribuir contido