Probas de clasificación - curso 2023-24

 

As probas de clasificación están pensadas para o alumnado que quere empezar a estudar unha lingua na escola de idiomas e xa ten coñecementos previos.

Terán dereito a realizar as probas de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.

Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que dexexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

IMPORTANTE: a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, só fixa o nivel de acceso para poder matricularse nunha EOI de Galicia na modalidade oficial, e non garante automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas ofertadas na EOI mediante o procedemento de preinscrición nos prazos previstos a tal fin.

O prazo de inscrición para as probas de clasificación será do 18 de maio ao 9 de xuño. 

As probas de clasificación de cada idioma realizaranse no mes de xuño de acordo con este calendario (prema na ligazón).

O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que realizar tamén a preinscrición no idioma correspondente, no nivel que se lle adxudicou, no prazo de preinscrición (do 26 de xuño ao 9 de xullo)

O resultado obtido nas probas de clasificación terá validez nas dúas convocatorias seguintes, para os efectos de formalizar a matrícula en calquera das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para formalizar a matrícula nas probas de clasificación debe facer o seguinte:

  • Cubrir o impreso (premer aquí)
  • Pagar as taxas correspondentes (prema aquí para ver o procedemento de pago)
  • Enviar ao enderezo de correo-e eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal, no prazo establecido, a documentación completa en formato pdf: o/s formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s, unha copia do seu documento de identidade (DNI ou NIE), e o resgardo do pago da taxa (Documento 730) o xustificante de pago con tarxeta NON vale. No caso de estar exento do pagamento, debe achegar o xustificante da exención.

 

RESULTADOS

 

  • Alemán
  • Chinés
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués