O xurado do concurso, tras examinar as recensións admitidas e tras longa deliberación, decidiu declarar persoas gañadoras ex aequo a:
María Lago Díaz, estudante de 1º de CXMA no IES Gregorio Fernández e Diego Losada González, estudante de B1 de inglés na Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
As devanditas persoas recibirán cadanseu vale de compra nun establecemento local por valor de 15 euros e o seu correspondente diploma persoalizado en inglés co comentario do xurado como gañadoras. Recibirán a través do seu profesorado nos próximos días a información sobre a data e lugar da entrega do premio.
Parabéns e moitas grazas a todo o alumnado participante polo excelente nivel dos seus traballos e tamén ao profesorado dinamizador polo seu interese e as súas achegas, moi especialmente ao departamento de inglés do IES Gregorio Fernández e á profesora Isabel Lorigados da nosa Extensión de Sarria.
PEDIMOS DESCULPAS POR TER OMITIDO O ALUMNADO DE FP NA PUBLICIDADE DAS BASES DA ACTIVIDADE "ENJOY LOCAL" (CONCURSO DE RECENSIÓNS EN INGLÉS SOBRE ESTABLECEMENTOS DA COMARCA QUE ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 23 DE FEBREIRO), ERRO DO QUE NOS DECATAMOS GRAZAS AO PROFESORADO DE INGLÉS DE CICLOS DE FP DO IES GREGORIO FERNÁNDEZ.
O ALUMNADO DE FP (QUE ESTUDA INGLÉS EN ENSINANZAS SECUNDARIAS COMA O DE ESO E BAC) TAMÉN PODERÁ PARTICIPAR NA ACTIVIDADE . ANIMÁMOSVOS A CONCURSAR.
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=4689
Evento aberto a toda a comunidade escolar da Extensión da EOI en Sarria e do IES Gregorio Fernández. No hall da parte do instituto que da ás pistas deportivas, a partir das 19:30 horas do xoves 17 de novembro.
Pensado para socializar e desfrutar de música, doces e bebidas sen alcohol e dun espazo de cesión, troco e simulación de compra, interactuando en inglés cada quen na medida das súas posibilidades. Remataremos cun bingo con premio.
Achega a túa contribución voluntaria de doces a partir do martes. O día do evento podes traer roupa, libros ou outras cousas en bo estado que queiras donar para animar o mercadiño.
Máis información nos foros das aulas virtuais, falando co profesorado da EOI en Sarria ou escribindo a eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal .