Probas

PROBAS DE CLASIFICACIÓN OU DE NIVEL

Na seguinte ligazón atópanse toda a información e ligazóns relativas ás probas de clasificación para as diferentes linguas (tamén coñecidas como probas de nivel) na EOI de Lugo: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2044 

Na Extensión de Sarria non se realizan estas probas, polo que as persoas interesadas en facelas débense desprazar á sede central da EOI en Lugo, previa matriculación en liña dende a web da EOI de Lugo.

A proba de clasificación de inglés terá lugar nas aulas 1,2,3,4 e 5 da EOI de Lugo o xoves 5 de setembro de 2024 ás 16:00 horas.

REVISIÓN DE PROBAS ORDINARIAS

O alumnado de inglés da Extensión de Sarria que o precise poderá revisar co profesorado as súas probas da convocatoria ordinaria o martes 18 de xuño entre as 10 e as 12 da mañán. Atenderase individualmente e por orde de chegada na dependencia da EOI na planta baixa do IES Gregorio Fernández.

Consulta dos resultados das probas finais de avaliación ordinaria (maio-xuño 2024)

Os resultados das probas finais de promoción e certificación da convocatoria ordinaria do curso 2023-24 estarán accesibles para o alumnado en CentrosNet ás 22:00 horas do luns 17 de xuño de 2024. 

Guías das probas de certificación 2023-24

Na seguinte ligazón da páxina web da EOI de Lugo están dispoñibles as guías das probas de certificación do curso 2023-24:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33374  

Distribuir contido