Características das probas de certificación

Consulte aquí a información sobre:

 

Características xerais

Nivel básico A2

 

  • As probas de certificación de nivel básico A2 terán como referencia o recollido para este nivel de competencia no Marco europeo común de referencia para as linguas e o currículo do nivel básico A2 publicado como Anexo I do Decreto 81/2018.

  • No curso 2023/24 administraranse probas de certificación de nivel básico A2 nos idiomas: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés (ao inscribirse na proba correspondente, poderá ver en que escolas pode facer a proba).

  • As probas de certificación do nivel básico A2 seguirán o disposto na Guía informativa e de especificacións das probas de certificación de nivel básico A2, que pode consultarse na seguinte ligazón.

 

Nivel intermedio B1

 

  • As probas de certificación de nivel intermedio B1 terán como referencia o recollido para este nivel de competencia no Marco europeo común de referencia para as linguas e o currículo do nivel intermedio B1 publicado como Anexo I do Decreto 81/2018.

  • No curso 2023/24 administraranse probas de certificación de nivel intermedio B1 nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego ,inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés (ao inscribirse na proba correspondente, poderá ver en que escolas pode facer a proba).

  • As probas de certificación do nivel intermedio B1 seguirán o disposto na Guía informativa e de especificacións das probas de certificación de nivel intermedio B1, que pode consultarse na seguinte ligazón.

 

Nivel intermedio B2

 

  • As probas de certificación de nivel intermedio B2 terán como referencia o recollido para este nivel de competencia no Marco europeo común de referencia para as linguas e o currículo do nivel intermedio B2 publicado como Anexo I do Decreto 81/2018.

  • No curso 2023/24 administraranse probas de certificación de nivel intermedio B2 nos idiomas: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés (ao inscribirse na proba correspondente, poderá ver en que escolas pode facer a proba).

  • As probas de certificación do nivel intermedio B2 seguirán o disposto na Guía informativa e de especificacións das probas de certificación de nivel intermedio B2, que pode consultarse na seguinte ligazón.

 

Nivel avanzado C1

 

  • As probas de certificación de nivel avanzado C1 terán como referencia o recollido para este nivel de competencia no Marco europeo común de referencia para as linguas e o currículo do nivel avanzado C1 publicado como Anexo I do Decreto 81/2018.

  • No curso 2023/24 administraranse probas de certificación de nivel avanzado C1 nos idiomas: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués (ao inscribirse na proba correspondente, poderá ver en que escolas pode facer a proba).

  • As probas de certificación do nivel avanzado C1 seguirán o disposto na Guía informativa e de especificacións das probas de certificación de nivel avanzado C1, que pode consultarse na seguinte ligazón.

 

Nivel avanzado C2

 

  • As probas de certificación de nivel avanzado C2 terán como referencia o recollido para este nivel de competencia no Marco europeo común de referencia para as linguas e o currículo do nivel avanzado C2 publicado como Anexo I do Decreto 81/2018.

  • No curso 2023/24 administraranse probas de certificación de nivel avanzado C2 nos idiomas: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués (ao inscribirse na proba correspondente, poderá ver en que escolas pode facer a proba).

  • As probas de certificación do nivel avanzado C1 seguirán o disposto na Guía informativa e de especificacións das probas de certificación de nivel avanzado C1, que pode consultarse na seguinte ligazón.