Puntuación das probas

Puntuación das probas

 

A1, A2

 

    • A puntuación máxima será de 100 puntos. 
    • As probas constarán de catro partes (comprensión de textos orais; produción, coprodución e mediación oral; comprensión de textos escritos; e produción, coprodución e mediación escrita), e cada parte terá un valor de 25 puntos.
    • Para promocionar de curso, o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das catro partes. O alumnado que na convocatoria ordinaria non acade o mínimo de 15 puntos en cada parte, deberá examinarse daquelas nas que non obtivese 15 puntos na convocatoria extraordinaria.

 

B1, B2, C1, C2

 

    • A puntuación máxima será de 125 puntos 
    • As probas constarán de cinco partes (comprensión de textos orais; comprensión de textos escritos; produción e coprodución de textos orais; produción e coprodución de textos escritos; e mediación), e cada parte terá un valor de 25 puntos.
    • Para promocionar de curso, o alumnado terá que acadar, polo menos, 12,5 puntos en cada unha das partes, e unha puntuación mínima do 65% do total da proba (equivalen a 81,25 puntos sobre 125). Na convocatoria extraordinaria, o alumnado que non acade o mínimo do 65% na convocatoria ordinaria, ademais de examinarse daquelas partes nas que non obtivera 12,5 puntos, poderá examinarse tamén daquelas outras nas que non acadase a puntuación mínima do 65% (16,25 puntos sobre 25). Neste caso, se a cualificación obtida na convocatoria ordinaria é superior á que se obteña na extraordinaria, manterase a cualificación máis alta para o cálculo da nota final.