Modalidades de estudo

1. Cursos ordinarios

A EOI de Lugo ofrece cursos ordinarios de alemán, chinés, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

O plan de estudos destes idiomas articúlase en tres niveis e 5,7 ou 8 cursos:

a) Nivel básico: 1, 2 ou 3 cursos segundo os idiomas(1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e 2=nivel A2 do MECRL) 3= nivel A2 para Chinés

b) Nivel intermedio B1: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B2 do MECRL).

d) Nivel C1: un ou dous cursos

e) Nivel C2: un curso

Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:

  • Nivel básico: certificado de nivel básico A2.
  • Nivel intermedio: certificado de nivel intermedio B1 e certificado de nivel avanzado B2.
  • Nivel avanzado:  certificado de nivel C1 e C2

O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.

En resumo:

 

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas.
  • intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico.

2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado

Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC)

Son cursos organizados en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. De 120 horas de duración, de setembro a xuño, de nivel básico, intermedio e avanzado.

Cursos de formación en inglés ou francés para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado

Dentro da Fase A do Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE), (75 horas). Máis información aquí.

3. Cursos específicos de galego

Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (CELGA).

4. Ensinanza semipresencial.

A EOI de Lugo é centro de apoio titorial do programa That’s English, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

5. Alumnado libre.

Nos meses de marzo e/ou abril ábrese o período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar