Matrícula nos cursos Celga e de Linguaxe Administrativa. Curso 2022-23
Ligazón á orde: Prema aquí
Solicitudes e prazos de inscrición
Realice a preinscrición en: www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 3 ao 13 de xaneiro de 2023.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.
Asignación das prazas
Os cursos de linguaxe administrativa contarán cun 25 participantes. Os cursos Celga terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25. Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Para a asignación de prazas o sistema informático obterá un número de corte por curso a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles, este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese curso.
Presentación da documentación
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.
Alumnado con necesidades educativas especiais.
O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes
CURSOS CELGA
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola
Documentación a presentar
– Unha copia do DNI ou NIE.
– O certificado de discapacidade, de ser o caso.
Duración e datas dos cursos
Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
1. Os cursos terán a seguinte duración:
- Celga 2 de 11.00 h a 13.30 h: do 14 de febreiro ao 16 de maio
- Celga 2 de 19.30 h a 22.00 h: do 14 de febreiro ao 16 de maio
- Celga 3 de 10.30 h a 13.00 h: do 14 de febreiro ao 16 de maio
- Celga 3 de 20.00 h a 22.00 h: do 18 de xaneiro ao 22 de maio
- Celga 4 de 10.30 h a 13.00 h: do 6 de febreiro ao 22 de maio
- Celga 4 de 19.30 h a 22.00 h: 14 de febreiro ao 16 de maio
*Estas datas poden sufrir mudanzas debido ás probas libres de certificación que se desenvolverán entre o 1 e o 15 de febreiro de 2023, dependendo do número de alumnado que se presente a estas probas. Estas mudanzas, se foren precisas, anunciaranse logo de que se coñeza o número exacto de alumnado que se vai presentar a estas probas.
Horarios para o curso 2022-23
– Celga 2: Martes e xoves de 11:00 a 13:30 e de 19.30 h a 22.00 h
– Celga 3: Luns e mércores de 20.00 h a 22.00 h e martes e xoves de 10.30 h a 13.00 h.
– Celga 4: Martes e xoves de 19.30 h a 22.00 h e luns e mércores de 10.30 h a 13.00 h.
CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA
Persoas destinatarias dos cursos
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional e o persoal sanitario.
Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento, ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familia. As persoas que ao inicio do curso se atopen en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedarán automaticamente excluídan da listaxe do persoal seleccionado.
Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con dúas preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.
Documentación a presentar
O alumnado admitido nestes cursos deberá activar correctamente unha conta de usuario «edu», con carácter previo á data de inicio do curso e dentro do prazo que fixe a coordinación dos cursos. De non facelo así, será excluído do curso e incluirase a persoa correspondente da listaxe de agarda.
Os cursos comezarán o 6 de marzo de 2023 e rematarán o 14 de maio de 2023.
Na EOI de Lugo ofertaranse os seguintes cursos no segundo cuadrimestre: