NOVO PRAZO DE MATRÍCULA LIBRE: DO 15 AO 17 DE XUÑO
O prazo remata o 17 de xuño ás 14:00 horas!
(Alumnado libre, CALC, CUALE e cursos de formación do profesorado de preparación para as probas de certificación das EOI)
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Seguindo as instrucións de fin de curso do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especiais da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Ligazón aquí), recibidas o 22 de abril de 2020, aprázase o calendario de probas ata que poidan realizarse coas debidas garantías de seguridade.