Acceso á escola

Cando podo iniciar os estudos na EOI e en que idioma/s?

  • A partir dos 14 anos (cumpridos no ano natural), nun idioma distinto ao que curso como primeira lingua na ESO.
  • A partir dos 16 anos (cumpridos no ano natural), calquera persoa en calquera idioma.

 

Se xa teño coñecementos do idioma no que me quero matricular, como accedo aos estudos da EOI?

  • Por proba de clasificación: se tén coñecementos do idioma, debe presentarse á proba de clasificación. O prazo de inscrición para as probas de clasificación e as probas de realizaranse durante o mes de xuño. Con esta proba poderás acceder a calquera dos niveis segundo os teus coñecementos.
  • Por acceso directo: se tén algunha titulación, pode consultar a táboa de validacións para acceder a cursos superiores dun idioma.

 

Para acceder a un curso distinto do primeiro: 

  • Ter acreditado un nivel de EOI.
  • Pasarelas entre plans de estudos: Para estudos cursados segundo o Decreto de 2007, consultar aquí.
  • A primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato ou até COU:  accede ao nivel B1
  • A primeira lingua estranxeira cursada na ESO ou até 2 BUP:  accede ao nivel A2
  • Os certificados CELGA:
    1. Celga 1 accede a Intermedio B1
    2. Celga 2 accede a Intermedio B2
    3. Celga 3 accede a Avanzado C1
    4. Celga 4 accede a Avanzado C2
  • Certificacións doutras institucións
  • Recolocación: en outubro e sen taxas.
AdxuntoTamaño
pasarelas.pdf322.52 KB