Prazo de Preinscrición:
Do 2 ao 18 de novembro de 2022. A aplicación de preinscrición estará aberta ata as 12.00 h do día 18, no seguinte enderezo web: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre. É importante que vostede lembre o contrasinal do seu perfil porque vaino precisar cando se matricule.
A obtención do número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 22 de novembro, ás 12.00 horas, na EOI de Santiago de Compostela. O día 23 de novembro, o alumnado poderá consultar na aplicación web (ligazón) a escola onde foi admitido.
Prazo para entregar a documentación dos niveis B2 e C1: Do 23 ao 30 de novembro. Non se admitirá documentación fóra de prazo.
Prazo para entregar a documentación dos niveis A2 e B1: Do 2 ao 30 de novembro. Non se admitirá documentación fóra de prazo.
O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial (incluído o programa That's English!) e libre simultaneamente.