Alumnado oficial

Como son os exames? De que partes constan?

Os exames constan de catro ou cinco partes, dependendo do nivel:

A1 e A2: comprensión de textos escritos, comprensión de textos orais, produción, coprodución e mediación de textos escritos e produción, coprodución e mediación de textos orais.

B1-C2: comprensión de textos escritos, comprensión de textos orais, produción e coprodución de textos escritos, produción e coprodución de textos orais, mediación (de textos orais e escritos).

En calquera caso, o seu profesor/a facilitaralle información sobre a avaliación a principios de curso. Pode tamén consultar o proxecto didáctico do departamento correspondente.

O alumnado libre ten ao seu dispor as guías do candidato, onde se explica o nivel que se esixe, os dereitos e obrigas do/a candidato/a, e as partes do exame. Estas guías son útiles tamén para o alumnado oficial os cursos pares, que se presenta á proba de certificación ao rematar o curso.

Tamén pode consultar aquí modelos das probas.

 

Cando e onde son os exames?

Cando se publica o calendario de exames, envíase ao alumnado a través de CentrosNet. Na páxina web pendúrase un aviso para que o alumnado o consulte premendo no sobre laranxa.

 

Non podo presentarme ao exame da convocatoria ordinaria, podería facelo noutra data?

As datas das probas son inamovibles. Se unha persoa non pode facer a parte escrita na convocatoria ordinaria, pode presentarse á dita parte na convocatoria extraordinaria (só o alumnado oficial, CALC e CUALE).

A proba oral só se podería cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente.

 

Non podo presentarme ao exame da convocatoria extraordinaria, podería facelo noutra data?

Se unha persoa non pode facer a parte escrita na convocatoria extraordinaria deberá matricularse de novo cando remate o curso.

A proba oral só se podería cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente.

 

Como podo saber as miñas cualificacións?

Na súa sesión de CentrosNet.

Se na convocatoria ordinaria aprobo unhas partes do exame e outras non, teño que facer todas as partes do exame na convocatoria extraordinaria?

Non, na convocatoria extraordinaria só ten que facer as partes suspensas. Tamén pode presentarme a subir nota para acadar o total de 81'25 preciso (niveis B1-C2) naquelas partes nas que obtivese como máximo 16'25 na convocatoria ordinaria). Ten información máis detallada no apartado "Puntuación das probas"

 

Podo ver o meu exame?

Si. Consulte a data e hora de revisión no calendario de exames. Se non pode acudir ao centro na data fixada, deberá presentar xustificación documental da causa que llo impide e solicitar unha cita co seu profesor/a ou, no caso do alumnado libre, coa xefatura do departamento correspondente.

 

Fun a revisión do meu exame e non estou dacordo coa cualificación. Que podo facer?

Consulte o período de reclamación no calendario de exames.