Secretaría

Títulos correspondentes ás propostas do ano 2016 de LOE/LOXSE.

Xa se poden retirar os Títulos correspondentes ás propostas do ano 2016 de LOE/LOXSE. As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando de modo suficiente a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Diplomas do Curso de linguaxe administrativa galega nivel media e superior

Están dispoñíbeis os diplomas do Curso de linguaxe administrativa galega da convocatoria de 2018/19 18CMLA-L1@EOI-01, 18CMLA-L1@EOI-02,18CSLA-L1@EOI-03, 18CSLA-L1@EOI-04 que se realizaron nesta escola.

As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando suficientemente a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Cambio do horario da oficina

A partir da semana do 6 de marzo a oficina da EOI pasará a abrir os xoves pola tarde de 15.45 a 19.45 no canto dos martes.

Solicitude de certificacións académicas

A solicitude de certificacións académicas farase presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada. No caso de solicitalo por correo electrónico, haberá que achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.

Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.

Pagamento do 2º prazo de matrícula

Informamos ao alumnado que solicitou o pagamento fraccionado que o segundo prazo da matrícula se pasará ao cobro o día 20 de xaneiro.

Baixas de oficio

“A non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola poderá dispor destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados” Punto 6.2 da Circular de matrícula 6.2/2019

Información xeral da secretaría

TRASLADOS DE EXPEDIENTES DOUTRA ESCOLA Á EOI DE LUGO

  • Certificación dos cursos realizados na Escola de orixe. (Procedente de Escolas Idiomas de Galicia)
  • Resguardo de ter solicitado o traslado de expediente (Escolas Idiomas doutra Comunidade)
  • Comprobar coa Xefatura de Estudos se hai praza no grupo no que se quere matricular

CERTIFICADOS DE ESTUDOS

A solicitude de certificacións académicas farase presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada. No caso de solicitalo por correo electrónico, haberá que achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante. Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar

Distribuir contido