DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, dende as aulas fixéronse moitos traballos diversos sobre esta poetisa.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo con algunha desas actividades

Grazas as titoras, titores e peques por colaborar nesta actividade.

O EDLG

 

XOGO PENSATERMOS

Bos días:

A Mesa pola Normalización Lingüísticas lanzou o Pensatermos, un xogo lixeiro e gratuíto para entreter e fomentar o uso da nosa lingua.

Pensatermos é un xogo lixeiro e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio. As palabras deben ter como mínimo tres letras e non ser formas verbais conxugadas, nin termos en plural. A puntuación do xogo determínase polo número de letras utilizadas: 1 punto por palabras de tres letras, 2 puntos por palabras de 4 letras e a partir das cinco letras, tantos puntos como teña a palabra. Se se utilizan todas as letras, faise un pleno e obtéñense 18 puntos.

Podedes probalo nesta páxina web: https://pensatermos.amesa.gal/

Cada día cambian as letras e os retos e poñen as solucións do día anterior. Animádevos a xogar.

 

REFRÁN MARZO

Bos días familias

Aqui tedes a proposta do EDLG para o noso refraneiro do próximo mes.

Que pasedes un bo entroido.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro mércores 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha das autoras máis importantes en Lingua Galega.

Nas aulas estamos a traballar sobre a súa vida e a súa obra.

Adxuntamos un arquivo con información sobre ela para que o vexades na casa cos nenos e nenas e comprobedes o moito que saben e o moito que lles gustan os seús poemas.

Preme na imaxe para abrir o arquivo adxunto.

ENTROIDO

Bos días:

A próxima semana, no CRA celebraremos o noso "Entroido Eurovisivo" para o cal precisamos a vosa colaboración para cumprir as ordes do meco, neste caso Caselín eurovisivo.

Aquí vos deixamos as súas ordes, para que busquedes pola casa o que teñen que traer os nenos e nenas cada día.

Grazas pola vosa colaboración

O equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o EDLG


REFRÁN DO MES DE FEBREIRO

Coma cada final de mes, aquí tedes a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o mes de febreiro.

Lembrade que se coñecedes algún outro refrán sobre os meses do ano, podedes facérnolos chegar por correo electrónico a aragontanormalizacion@gmail.com

PARALIMPÍADAS ARAGONTA

Achegamos un pequeno vídeo resumo das Paralimpíadas Aragonta que levamos a cabo no centro para conmemorar o Día Internacional das persoas con Discapacidade.

Todo o alumnado do CRA, coñeceu e practicou diferentes deportes paralímpicos.....e gañaron as súas medallas.

Grazas pola colaboración nesta actividade.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO DE SALCEDA

Prezadas familias:

Deixámosvos nesta publicación as actividades que se van a levar a cabo nestas datas de Nadal no noso concello. Máis información no facebbok do concello de Salceda de Caselas.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámosvos unhas moi felices festas e un bo comezo de ano novo.

BO NADAL!!!!!

REFRÁN XANEIRO

Aqui vos deixamos a proposta de refrán para comezar o ano 2022.

Que teñades unhas felices festas e BO NADAL

O equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

REFRÁNS DE OUTONO

Durante este trimestre os nenos e nenas da aula de Entenza, coa súa mestra Yasmina estiveron traballando os refráns propostos por esta dinamización e fixeron unha bonita montaxe recitándoos.

Tiveron a enorme xentileza de compartilo con nós.

Grazas Entenza

 

 

Distribuir contido

Back to top