DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CHEGA O ENTROIDO... FESTA RACHADA!

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos  dar unha gran benvida ao tempo de Entroido!!!.  Momento de máscaras, antefaces, disfraces, maquillaxes, emocións, etc.  E, por suposto, moito, moito, moooito desfrute. Así pois, para comezar... aquí vos vai o cartel dos Mandadiños de Entroido deste ano, nesta ocasión, inspirado nos DEBUXOS ANIMADOS !!!

Esperamos e desexamos que o pasedes xenial e… que VIVA O CARNAVAL!!!

FELICITÁMOSVOS O NADAL CUNHA EMOTIVA CANCIÓN FEITA POR NENOS DA CONTORNA...

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco dunha canción moi apropiada nestas datas, recente gañadora dun concurso da TVG. Os protagonistas son nenos de varios Concellos (Salceda, O Porriño, Ponteareas e Mos), chámanse XERACIÓN  M, e a canción leva por título “Soará o Nadal”...    Así pois, queremos aproveitar esta ocasión para desexarlles...

BO  NADAL  E  FELICES  FESTAS!!!

 

Para acceder á canción (non permiten descargar o arquivo de vídeo ao completo), pinchade no seguinte enlace ou copiadeo na barra do voso buscador:                   

 

https://youtu.be/OWX-6P__IuQ

 

TEMPO DE NADAL: ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos achegarlles ás actividades culturais programadas no noso Concello de Salceda para estes días de NADAL. Esperamos que lles resulten de interese:

 

ACTIVIDADES CULTURAIS DE NOVEMBRO QUE LLES PODEN INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos informarlles de máis actividades culturais para facer en novembro, neste caso, relacionadas co Concello de Tui. Esperamos que lles resulten de interese:

 

 

   

 

MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco de máis actividades culturais para facer nestes días, neste caso, relacionadas co Concello de Tui. Esperamos que lles resulten de interese:

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos achegarlles unha información que atinxe á Biblioteca Pública Alfonso D. Rodríguez, sita no noso concello de Salceda de Caselas, con motivo do mes das bibliotecas. Esperamos que, grandes e pequenos, desfruten destas actividades:

 

PARA COMEZAR, FACÉMONOS ECO DUNHA FESTA INFANTIL QUE TERÁ LUGAR O PRÓXIMO DOMINGO:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles unha información relacionada cunha FESTA INFANTIL a que poderán acudir cos seus cativos. Onde? no noso concello, Salceda de Caselas (no cartel aparece a localización concreta). Esperamos que esta achega lle resulte de interese:

 

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2023/24:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos darlles unha cariñosa benvida a este novo curso, cheo de moitas novidades e sorpresas, no que teremos o pracer de acompañalos.

Neste espazo achegarémoslles ás novidades e ás actividades culturais da contorna próxima; proporémoslles curtas, textos, imaxes, etc. Dito de outro modo, facilitarémoslles aqueles recursos que consideremos de interese para fomentar o uso da nosa lingua galega na nosa comunidade educativa.

Agardamos que nos visiten e que desfruten das nosas propostas. En calquera caso, tamén estamos abertos a recibir as súas achegas e/ou comentarios na seguinte dirección:

aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas de antemán pola súa colaboración e…unha grande aperta!!!

RECOMPILACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

O pasado 17 de maio foi o Día das Letras Galegas e, nesta ocasión, o autor homenaxeado foi FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Dende o EDLG, achegamos ao profesorado unha serie de propostas respecto da figura deste escritor para levar a cabo nas aulas. Así pois, logo de recibirmos as imaxes e/ou vídeos do profesorado, aquí lles deixamos unha pequena recompilación do que fixemos para conmemorar a esta grande autor.  Moitas gracias ao profesorado pola súa participación e... esperamos que desfruten da montaxe !!!

Distribuir contido

Back to top