DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos facernos eco de máis actividades culturais para facer nestes días, neste caso, relacionadas co Concello de Tui (achegámoslles dúas imaxes-resumo das mesmas). Esperamos que lles resulten de interese:

                                         

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

 

Moi bo día a todos e todas!

 

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos trasladarlles unha información que nos achegaron en relación a diversas actividades que poden realizar en familia. Onde? concretamente son do Concello de As Neves, baixo o slogan: OUTONO  EN  GALEGO´22.  Agradecemos dita achega e esperamos que lles resulten de interese: 

  

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos darlles unha cariñosa benvida a este novo curso, cheo de moitas novidades e sorpresas, no que teremos o pracer de acompañalos.

Neste espazo achegarémoslles ás novidades e ás actividades culturais da contorna próxima; proporémoslles curtas, textos, imaxes, etc. Dito de outro modo, facilitarémoslles aqueles recursos que consideremos de interese para fomentar o uso da nosa lingua galega na nosa comunidade educativa.

Agardamos que nos visiten e que desfruten das nosas propostas. En calquera caso, tamén estamos abertos a recibir as súas achegas e/ou comentarios na seguinte dirección:

aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas de antemán pola súa colaboración e… unha grande aperta!

 

O REFRANEIRO

Chegados ao final deste curso, aquí tedes a compilación dos refráns dos meses do ano. As propostas feitas por este equipo e as aportacións das familias que colaboraron nesta actividade.

Grazas pola vosa axuda.

Boas vacacións

O EDLG

 

 

OS MAIOS

Este ano para conmemorar a festa tradicional dos maios, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos as aulas facer alfombras florais.

As cativas e cativos participaron activamente no deseño e realización da actividade.

Fixeron auténticas OBRAS DE ARTE, como podedes comprobar neste vídeo.

 

REVISTA BADALADAS 2021-2022

AGORA QUE ESTA A REMATAR O CURSO, O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, VOS PRESENTA UNHA NOVA ENTREGA DA NOSA REVISTA ESCOLAR, A REVISTA BADALADAS.

COMO CADA CURSO, CADA AULA OU ESPECIALIDADE COMPARTE UN POUCO DA SÚA ACTIVIDADE. QUEREDES BOTARLLE UN OLLO? POIS, VELAÍ VAI

REFRÁN XUÑO

Bos días familias:

Aquí tedes o último refrán deste refraneiro escolar que estivemos facendo durante todo o curso.

Pronto colgaremos nesta páxina un video recompilatorio cos nosos refráns e as vosas aportacións.

Aínda estades a tempo de  mandar refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas 

O EDLG

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Florencio Delgado Gurriarán, poeta valdeorrés.

Aqui vos deixamos un pequeno vídeo resumo da súa biografía feito polo EDLG do CEIP de Seixalvo en Ourense.

 

REFRÁN DO MES DE MAIO

Bos días

Por aqui deixámosvos a nosa proposta de refrán para o mes de maio.

Saúdos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

REFRÁN DE ABRIL

Aquí vos deixamos s nosa proposta de refrán para o mes de abril.

Como xa sabedes podedes mandar os vosos refráns dos meses do ano a aragontanormalizacion@gmail.com ao final de curso faremos un refraneiro coas vosas aportacións.

Grazas pola colaboración

O EDLG

 

Distribuir contido

Back to top