Skip to Content

Novidades biblio

XA ABRE A BIBLIO POLAS TARDES!

Xa estamos en outubro, e a biblioteca do CRA volve abrir polas tardes. Luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00. Vide coas vosas familias!!

 

            

Vestida co arco da vella

Vestida co arco da vella

Vestida co arco da vella é un conto para prelectores e primeiros lectores que van descubrir, a través da personaxe dunha nena todas as cores do arco da vella e algunhas outras cualidades das cousas.

O gran libro dos medos

O gran libro dos medos

Todo o mundo lle ten medo a algo.
Vivir con medo pode facer que mesmo a persoa máis valente se sinta pequena. Este é o libro fundamental para axudarche a superar as túas fobias.
Este libro foi compilado por unaha experta en preocupacións, que debuxa sobre a experiencia de toda unha vida e controla os seus medos a través de esborranchar no papel.

El cuento de la hormiguita

El cuento de la hormiguita

 
Unha nena pídelle á súa mamá que lle conte un conto, pero non de formigas. E menos das que queren mover montañas. Prefire que haxa un dragón maleducado que desencadea unha chea de barullos. Pero aformiga que quería mover montañas ao fin será a heroína!
 

Ada magnífica, científica

Ada magnífica, científica

 
Por que fai tac e por que fai tic?
Por que tes pelos no nariz?
Ada Magnífica ten a cabeza chea de preguntas. Como os seus compañeiros de clase Pedro e Rosa, Ada sempre sentiu unha curiosidade insaciable. Pero cando leva demasiado lonxe as súas exploracións e os seus complicados experimentos científicos, os seus pais fártanse e mándana ao recuncho de pensar. Tanto pensar faralle cambiar de opinión?
 

 

Experimentos para todas las edades

Experimentos para todas las edades

 
Pásase moi ben observando a natureza. Ademais, está ao alcance de calquera e é máis divertida que calquera videoxogo. Este libro pode ser o primeiro paso para entusiasmar a moitos mozos co traballo científico. Estimulará o asombro ante fenómenos que vemos todos os días e levaranos a preguntarnos por que son así.
 

Pioneiras galegas que abriron o camiño

Pioneiras galegas que abriron o camiño

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Buenas noches Yoga

Buenas noches Yoga

Este conto para durmir é moito máis que un conto. É unha práctica grazas á cal tanto os nenos como os seus pais poderán irse á cama relaxados e tranquilos. Estírache como unha árbore, brilla como unha estrela, frota como unha nube… e prepárache a soñar!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut