Skip to Content

Novidades biblio

PIÑEIRO

PIÑEIRO

Versos e imaxes unidos para favorecer a lectura autónoma.

XINFU na maldición guauchuky

 

XINFU na maldición guauchuky

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

RADIO BULEBULE

RADIO BULEBULE

Abre as orellas, palabras a voar saíndo pola antena, aterrando polo chan. O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá. Chega a radio falangueira que te vai facer pensar…" “Radio BULEBULE” é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de “Brinca vai!”

O SEGREDO DE AVO OSO

O SEGREDO DE AVÓ OSO

Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco. Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores. Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme. Mamá Corvo gralla dende unha póla. –Cinco minutos máis –bocexa o vento...

RANA DE TRES OJOS

RA DE TRES OLLOS

Ra de Tres Ollos crece nun lugar contaminado. Salta moi alto para entender o que sucede. Pronto descobre que quere cambiar as COUSAS… Conseguirá facelo soa? Un conto para ilusionarnos coa procura de solucións comúns. Ra de tres ollos é o terceiro título da Colección Monstro Rosa.

GUAPA

GUAPA

Ola, son a Bruxa. Estou moi contenta porque teño unha cita. Eu véxome moi GUAPA, pero non todos pensan o mesmo. Non paran de darme consellos e non sei que facer. Terán razón? É posible agradar aos demais e sentirme ben ao mesmo tempo? "Guapa" foi o álbum gañador do Premio  Apila Primeira Impresión 2016, ao mellor proxecto de autor novel.

BO NADAL 2017/2018

Dende a Biblioteca do Cra de Meis desexámosbos un bo Nadal e un feliz ano novo! Que reine en todos nós un mundo de ilusión e esperanza. 

PREPARANDO A BIBLIOTECA PARA O SAMAÍN

A BIBLIOTECA PREPÁRASE PARA A CHEGADA DO SAMAÍN

Distribuir contido


by Dr. Radut