Skip to Content

Música

Imos ver GATUXO, de Magín Blanco

O próximo 9 de maio, martes, imos a Pontevedra a ver Gatuxo, un espectáculo onde se fusionan as artes, o teatro e a música. As cancións son do noso querido Magín Blanco, que esta vez estará acompañado de outros dous músicos e unha actriz.

 

Día de Rosalía

FELIZ 180 ANIVERSARIO, ROSALÍA!  

Para celebrar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no CRA de Meis, alentados polo EDLG,

argallamos unha actuación na que profes, alumnado e familias interpretamos algún dos poemas musicados por xente como Uxía ou Migallas. 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Neste 2017, no CRA de Meis celebramos o día de Rosalía de Castro con poesía e moita música! Aquí tedes dúas cancións do libro-disco de Uxía "Rosalía pequeniña", que está ao voso dispor na nosa biblioteca. "Ai dos que levan na frente unha estrela, ai das que levan no bico un cantar"...

 

 

ATENCIÓN, SEÑOR GATO! ESTE ANO, MANUEL MARÍA

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María. Aquí presentamos un dos seus poemas, "Señor Gato", na versión musicada do Libro-CD "María Fumaça"

 

PREPARANDO O CONCERTO DE MAMÁ CABRA!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut