Skip to Content

San Lourenzo

PINTAMOS CON ELEMENTOS DO OUTONO

O outono chegou, e con el chegaron moitos elementos e froitos do outono a clase: follas, piñas, paus, millo, granadas, mandarinas, cabazas, noces, landras, castañas…

 Deste modo, grazas ao acercamento a natureza e o uso de elementos naturais, aproveitaremos estes recursos, xa que son fontes inagotables de estímulos que respetan e favorecen o desenvolvemento saudable dos cativos. Pasar tempo na natureza, favorece e reforza os seus procesos de aprendizaxe, experimentación, vocabulario, sensacións….

Así, neste taller “artisteamos co outono”. Nun primeiro momento empregamos os elementos do outono a modo de “pincel”, decoramos as follas, as cabazas pero unha vez que experimentábamos máis e máis as mans foron o centro de interese desfrutando da textura da témpera.

 

XUNTANZAS

Este día foi moi especial para os cativos de SL, xa que despois de moito tempo visitamos a Escola de Paradela. Fixemos moitas actividades coma as que facían os cativos “maiores”, cando antes do covid-19 acudían a Xuntanzas.

Esta xornada consistiu, nun primeiro momento de xogo libre coas pezas xigantes de construción, coas pezas de lego, a casiña, os disfraces.....

Despois fixemos diferentes agrupamentos para facer diferentes actividades. Creamos o noso programa de radio co profe Marcos, fixemos un experimento de masa newtoniana coa profe Vanessa, buscamos bichos coa profe Laura e finalmemte tivemos unha sesión de baile e teatro co profe Antonio e a profe Sonia.

Tamén, aproveitamos para xogar e coñecer os compañeiros e compañeiras de Paradela e observar a charca, dándolle de comer os peixiños, vendo os bichiños, as prantas.....

Esperamos volver pronto!!!

 

DOCUMENTACIÓN 3º TRIMESTRE

RR#12 - Miña abuela Manuela e outros éxitos!

Miña abuela Manuela entra directamente na lista de éxitos de Rabu Radio! Carla, Román e Valle analizan o éxito desta e outras cancións dos Migallas, que arrasan no CRA de Meis!

https://go.ivoox.com/rf/70941212

 

RR#11 - Migallas e moreas

Daniela, Nico e Tomás fálannos de Migallas e doutra morea de cousas asombrosas!

https://go.ivoox.com/rf/70940465

RR#10 - Debullando Migallas

Ero, Labit, Martina e Omar debullan conto a conto, cantiga a cantiga e adiviña a adiviña a actuación de Migallas nas nosas aulas!

https://go.ivoox.com/rf/70939340

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE

SAÍDA Á CONTORNA

Grazas a que a primavera chegou e o bo tempo con esta nova estación, decidimos facer unha saída polo noso contorno máis próximo.

Para aproveitar este entorno fabuloso que temos, e que está tan pretiño da nosa escola, como estamos inmersos no proxecto dos animais do bosque, decidimos facer estas saídas que tanto nos gustan, acompañados como non de Naturizo e Rabuñosín.

Fixámonos moi ben nos diferentes animaliños que puidemos observar xoaniñas, bolboretas, arañas, o son dos paxariños, descubrimos algunha madrigueira dentro dalgunha árbore, estivemos en busca dunha madrigueira que algúns coñecían e dicían que era dun raposo, desfrutamos dos charcos coas botas de auga, merendamos o aire libre, collimos margaridas, cartuchos, fentos, anís...

Ademais, co motivo de que o 21 de Marzo e o “Día dos bosques” e o 22 e o “Día da Árbore” observamos o cambio que sofren as árbores nestes momentos, que cambios  e diferenzas atopamos en comparación coa coa estación do inverno.

Distribuir contido


by Dr. Radut